Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Luns, 19 Novembro 2012 10:27

Limiar de conciencia, literatura na rede

Non é doado publicar hoxe en día, aínda cando a túa novela ten detrás o bagaxe de ser finalista de dous premios tan importantes como o Xerais ou o García Barros de novela. Pero a pesares de non poder vela (polo de agora) en papel, a mellor opción e lanzarse á aventura de introducirse de cheo nese espazo de liberdade que é a Rede, así, en maiúsculas, porque a novela Limiar de conciencia, de Cris Pavón, ten moito que ver con este mundo: Ano 2062. LIDIA, unha máquina lingüística que realiza traballos de tradución, sofre unha avaría no sistema de…
A Asociación de Escritores en Lingua Galega organizan un ano máis o Encontro de Escritores/as Novos/as, que este ano chega a súa sétima edición baixo o lema Da palabra á acción. Este ano, o formato consiste na organización de grupos de traballo sitos en diferentes cidades galegas -formados por escritoras e escritores novas/os e creadores doutras disciplinas como poden ser a danza, as artes plásticas ou a música-, grupos que na actualidade xa están inmersos nun proceso de creación desenvolvido ao longo dos últimos meses, e que rematará o día da celebración do Encontro, cando teñan a oportunidade de mostraren…
O xurado da vixésimo quinta edición do Premio Ánxel Fole de Ensaio, dedicado este ano á figura de Xosé Almoina Mateos no cincuenta aniversario do seu pasamento, decidiu outorgar por unanimidade o premio a Isabel Gómez Rivas polo seu traballo Almoina.. O tribunal estivo integrado por Claudio Rodríguez Fer, escritor e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela; Juan Ramón Díaz García, xornalista e director de El Ideal Gallego; nx0woé de Cora Paradela, director de El Progreso; e M.ª Teresa Cores Fernández, directora de contidos socioculturais de Novacaixagalicia, que actuou como secretaria do…
Hoxe a partires das 12.30 h. a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) homenaxea ao poeta de Dodro -quen este ano faría os 50 anos- na súa casa natal na parroquia de Laíño, lugar de Tarrío, do Concello de Dodro. O acto, que contará coa presenza dos alcaldes de Dodro e Padrón, abrirase cunha intervención do presidente da AELG Cesáreo Sánchez Iglesias. De seguido o poeta Paulino Vázquez lerá o Laudatio. A intervención dun membro da familia Lorenzo Baleirón, o descubrimento dunha placa conmemorativa e a lectura de poemas de Eusebio Baleirón a cargo de Carlos Negro…
Todo listo para que arranque, o vindeiro venres 30 de novembro, o Cultural 2012 que, baixo o lema A casa da cultura é a túa casa, ti tes a chave desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o domingo 2 de decembro. Os visitantes poderán atopar nesta Feira das Industrias Culturais música, literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo, maxia, novas tecnoloxías e todo un mundo de conexións entre elas. O presidente do Culturgal Xulio Amigo incide no carácter “humilde, pero fermoso” de Culturgal, “o fogar da cultura galega”. Amigo salienta que, cun orzamento inicial de 250 mil euros (un…
O xurado da XXV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé acordou outorgar o premio deste ano á obra Testamento poético da ordense Marisol Gándara Sánchez. Ao entender dos membros do Xurado, o libro destaca polo uso coidado da linguaxe, mantendo unha estrutura de “cartas poéticas” nunha voz persoal e directa mantendo un ton reflexivo de carácter existencial e solidario. Deste xeito, o nome de Marisol Gándara súmase a unha listaxe de nomes que fan parte dunha nova xeración poética que irrompe con pulo no panorama literario do país. Este premio, convocado polo CMI Unidade de Fene coa…
O pasado sábado, na Casa de Turismo Rural Casa Arpón de Malpica, tivo lugar a Cea das Letras organizada pola A. C. Caldeirón coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños. Durante este acto presentouse a obra gañadora do VI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas carnia haikai da escritora Elvira Riveiro Tobío e se deu a coñecer o fallo do xurado do VII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. O xurado deste Certame, composto por Elvira Riveiro Tobío, Antón Lois Noceda Carballo e Francisco Souto Barreiro, logo de ver as trece obras presentadas e despois de deliberar sobre as…
A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á cantante, actriz e bailarina Carolina Otero (Pontevedra), 1868 - Niza ,1965 ) este mes de novembro. Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, ... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos…
Un ano máis o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa novena edición. O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Tradución. Estas xornadas desenvolveranse entre os días 28 e 30 de novembro e contará con poñentes como Xosé Luís Méndez Ferrín, María Reimóndez, Manuel Bragado, Robert Neal Báxter ou Bego Montorio, entre outros. O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de novembro e está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado…
A Cova dos Ratos (R/ Romil, 3) de Vigo acollerá o Poetry Slam Vigo, un torneo de “poetas” no que estes amosan os seus versos en épicos recitados baixo a atenta ollada dun xurado formado por cinco persoas seleccionado ao chou entre o público. Estes torneos naceron na década dos 80 en Chicago e en pouco tempo o formato espallouse polo mundo adiante. Calquera persoa que escriba poesía pode participar, isto fai que este formato sexa máis dinámico e entretido que os recitais tradicionais. O Slam Poetry Vigo celebrarase o 1 de decembro baixo as seguintes regras: 1. O límite…
Páxina 123 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!