Un ano máis o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa novena edición. O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Tradución.
Estas xornadas desenvolveranse entre os días 28 e 30 de novembro e contará con poñentes como Xosé Luís Méndez Ferrín, María Reimóndez, Manuel Bragado, Robert Neal Báxter ou Bego Montorio, entre outros.
O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de novembro e está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da UDC que asista a esta actividade.