Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Todo listo para unha nova edición do Culturgal

Rate this item
(0 votes)

Todo listo para que arranque, o vindeiro venres 30 de novembro, o Cultural 2012 que, baixo o lema A casa da cultura é a túa casa, ti tes a chave desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o domingo 2 de decembro.

Os visitantes poderán atopar nesta Feira das Industrias Culturais música, literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo, maxia, novas tecnoloxías e todo un mundo de conexións entre elas.

O presidente do Culturgal Xulio Amigo incide no carácter “humilde, pero fermoso” de Culturgal, “o fogar da cultura galega”. Amigo salienta que, cun orzamento inicial de 250 mil euros (un 15% menos que en 2011), “Culturgal se constrúe cun 25% do orzamento medio de calquera outro evento similar a nivel estatal”. “O Mercat da Música Viva de Vic, a Fira Mediterrania, a Fira de Tárrega, a FICA de Andalucía... teñen orzamentos cercanos ao millón de euros, mesmo nestes tempos de crise”, recordou Amigo.

Xulio Amigo agradeceu o “patrocinio imprescindible” da Xunta de Galicia, do Concello de Pontevedra e do Ministerio de Cultura. A Xunta de Galicia segue sendo o patrocinador principal de Culturgal, achegando 150 mil euros a través de AGADIC e 20 mil a través da SXPL, a pesares de que esta achega se reduciu nun 26% (60.000 euros) con respecto a 2011. Pola súa banda, o Ministerio de Cultura duplica o seu aporte e chega aos 23 mil euros e o Concello de Pontevedra incrementou tamén o seu apoio nun 20%, ata os 36 mil euros.

Con 70 entidades expoñendo os seus produtos e servizos na feira, máis de 300 profesionais acreditados, unha programación profesional con máis de 40 de relatores nacionais e internacionais e máis de 140 actividades para todos os públicos, “o fogar da cultura galega que é Culturgal segue asentándose como o máis completo espazo de encontro e difusión do sector cultural galego”, segundo afirmou Sergio Lago, director da Feira.

Do programa xeral destácase o asento definitivo das conversas de salón, que este ano realizarán os xornalistas Xosé Manuel Pereiro, María Solar, Alberto Ramos e Belén López e que contarán coa presenza, entre outros moitos, de Luís Tosar, Ignacio Escolar, Agustín Fernández Paz, Manuel Lourenzo González, Teresa Moure, María Reimóndez e Rexina Vega. Tamén visitará o salón de Culturgal Manuel Rivas, que lerá un fragmento de As voces baixas e estarán presentes os e as autoras dos grandes premios e lanzamentos editoriais do ano.

No punto no que se tocan a literatura e as artes escénicas (cuxa presenza na feira segue medrando), Culturgal situarase como a porta de entrada ao ano de Roberto Vidal Bolaño, co lanzamento de varios proxectos de difusión da súa obra.

Culturgal está organizado por unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra e do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta coa colaboración de máis de 30 entidades e empresas.

 

Máis información:

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!