Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, asinaron un convenio en virtude do cal a Consellería de Cultura, con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo FEDER Galicia 2007-2013, destinará un total de 200.000 euros para a rehabilitación da Casa-Museo de Rosalía de Castro. Grazas a este acordo levaranse a cabo as obras de rehabilitación da Casa da Matanza, que inclúen a eliminación de humidades (no solo e nas paredes da planta baixa), a instalación dun novo sistema de electricidade e iluminación, o acondicionamento…
Xa está en marcha unha nova edición do Outono Pondaliano, que organiza a Fundación Eduardo Pondal do Couto (Ponteceso), cun completo programa de formación e de divulgación lingüística e cultural. Todos os martes e sábados de outubro acolleranse actividades e contará coa participación de autores e especialistas como Xosé Neiras Vilas, Xosé Luís Axeitos, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Ferreiro Fernández, Tucho Calvo... Os estudantes terán un protagonismo especial neste Outono Pondaliano. Charlas divulgativas, obradoiros ou proxeccións a cargo de coñecedores da obra de Pondal estarán dirixidas a está público. O programa completarase con presentacións de obras, mostras fotográficas ou…
A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á escritora galego-cubana Anisia Miranda (Cuba, 1935-Gres, 2009) este mes de outubro. Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, ... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que…
Este domingo 30 de setembro o Movemento pola Base realiza un acto de homenaxe ao escritor, xornalista e político Xoán Xesús Gonzalez no cemiterio de Cequeril, Cuntis, onde están enterrados os seus restos e, posteriormente, un xantar de confraternización con motivo do 76 aniversario da súa morte a mans do fascismo. No acto farase unha ofrenda floral na súa tumba e intervirán un historiador local coñecedor da vida e da obra do político e un sindicalista que reivindicará a vixencia do pensamento e o exemplo de Xoán Xesús. Xoán Xesús González Fernández naceu en Sebil, parroquia de Cequeril (Cuntis) o…
Co gallo do Día Internacional da Tradución, a Asociación de Tradutores Galegos organizou para mañá sábado un acto de homenaxe ao tradutor Henrique Harguindey. O acto celebrarase ás 20.00 h. na Libraría Café Rinoceronte, en Cangas. Ademais do homenaxeado, participarán Francisco Pillado e Salvador Otero, así como Juan Carballo e Ramón Núñez, que ofrecerán un pequeno espectáculo poético-musical. Henrique Harguindey naceu en Lugo en 1946. Licenciado en Filoloxía Francesa, ten verquido ao galego máis de trinta e cinco obras de autores como Michel de Ghelderode, Boris Vian, Molière ou Eugène Ionesco para as editoriais máis importantes do país. O Día…
As V Xornadas de Literatura de Tradición Oral, baixo o lema Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular, organizadas pola Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e a colaboración da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, terán lugar o venres 19 e sábado 20 de outubro no Salón de actos da Deputación de Lugo. Como en edicións anteriores, estarán coordinadas por Antonio Reigosa e Isidro Novo e teñen como obxectivo revisar os avances que as novas investigacións foron achegando sobre este…
Redelibros organiza un obradoiro para aquelas e aqueles interesados no mundo da escrita. No obradoiro os asistentes poderán afondar no coñecemento das técnicas narrativas fundamentais para capturar a atención e o interese do lector: a creación de personaxes, o tempo e o ritmo da narración, os trucos do oficio, a consecución dun estilo propio... Esta actividade desenvolverase na fin de semana do 26 ao 28 de outubro, na Casa Grande do Bachao, preto de Santiago de Compostela, onde terá lugar este primeiro obradoiro de escrita Redelibros. Por dous días, e da man dos escritores Fran Zabaleta e Pere Tobaruela, os…
A Fundación Otero Pedrayo organiza durante os meses de outubro e novembro, catro Obradoiros Literarios dirixido a mulleres que gravitarán arredor da figura de don Ramón. Dirixidos a quen gusta de escribir e centrados no libro de Otero Pedrayo, Historia dun neno, as asistentes, en xornadas de venres e sábado, asistirán a, por unha banda, un Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro e a unha sesión de Contacontos e Oralidade con Eugenia Muñoz. Os Obradoiros desenvolveranse nas localidades ourensás de Trasalba, Amoeiro, Coles e Vilamarín. Máis información inscricións no enderezo electrónico fundacion.otero.pedrayo@gmail ou no teléfono 988.281.139
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os días 4 e 5 de outubro un congreso que conmemorará o bicentenario do nacemento de Francisco Añón. O congreso, coordinado polo historiador Xoán Mariño, está organizado pola Consellería de Cultura e conta coa colaboración do concello de Outes, berce do ilustre poeta. A inauguración da exposición Añón, precursor do Rexurdimento, a proxección do documental Añón na memoria, de Juan Silva e Óscar Sendón, xunta a presentacións de libros e conferencias centrarán o groso das actividades deste Congreso, no que participarán, entre outros, o presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares, o…
O Museo do Moble e da Madeira da Estrada “MOME” acolle dende hoxe as Xornadas “Manuel Reimóndez Portela”, que terán lugar os días 21 e 28 deste mes, e o 5 de outubro, co fin de homenaxear e afondar na figura do escritor, médico e político estradense. Organizado polo Seminario de Estudos Locais da Estrada, coa colaboración do concello da Estrada, o MOME e edicións Fervenza, contarase coas intervencións de persoeiros como o catedrático da USC Carlos Baliñas, o historiador Olimpio Arcas ou de nx0woé Carro Otero, presidente da Real Academia Galega de Medicina e Cirurxía. As Xornadas “Manuel Reimóndez…
Páxina 127 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
26
Data : 26/01/2019

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!