Xa está en marcha unha nova edición do Outono Pondaliano, que organiza a Fundación Eduardo Pondal do Couto (Ponteceso), cun completo programa de formación e de divulgación lingüística e cultural.
Todos os martes e sábados de outubro acolleranse actividades e contará coa participación de autores e especialistas como Xosé Neiras Vilas, Xosé Luís Axeitos, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Ferreiro Fernández, Tucho Calvo...
Os estudantes terán un protagonismo especial neste Outono Pondaliano. Charlas divulgativas, obradoiros ou proxeccións a cargo de coñecedores da obra de Pondal estarán dirixidas a está público.
O programa completarase con presentacións de obras, mostras fotográficas ou accións para profesores.