Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O xurado do Premio Bienal de Teatro Romaría Vikinga seleccionou a obra A saga de Iacobsland, de Marcos Abalde Covelo, como a mellor das presentadas ó certame. Das obras presentadas, unha delas foi descartada polo xurado por ser entregada fóra de prazo. Na acta arguméntase que se selecciona como gañadora a obra Saga de Iacobsland, pertencente ao pseudónimo “Brunilda”, tendo en conta o carácter innovador deste texto, que combina unha escrita poética cunha boa plasticidade e que se axusta ás necesidades do espazo e de reparto para a súa posta en escena. Respecto á base 16 do concurso, na que…
A Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e o Concello de Pontevedra, organiza o Congreso Valentín Paz Andrade, co que e pecha o programa de actos desenvolvidos ao longo do ano para homenaxear ao autor do Día das Letras Galegas 2012. Este congreso terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do 13 ao 15 de decembro. Coordinado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Manuel González González, Euloxio Rodríguez Ruibal e Francisco Fernández Rei, ao longo destes tres días falarase e rememorarase a Paz Andrade na súa faceta literaria, política e económica. Especialistas e…
O xurado do XIII certame literario de relatos curtos “Os viadutos”, formado polas escritoras Inma López Silva, Rexina Vega e Luís Manuel García Mañá, acordaron conceder o primeiro premio do Certame ao relato titulado A preocupación dos pés quentes, de Javier González Saavedra, así como outorgar un segundo premio ao relato Érase unha vez un francés, un italiano, un viaduto e a vila, de Pablo Mosquera Pereira. Da obra gañadora o xurado salienta que o autor é unha persoa capaz de contar unha historia ampla, unha voz incómoda que afonda nas contradicións sociais para informar das circunstancias de todas as…
Todo listo para celebrar unha nova Noite Poética A Pipa. Dende que no Nadal de 1996 o poeta Uxío Novoneyra inaugurara estas Noites a Asociación Cultural A Pipa de Becerreá, responsable da organización destas veladas, celebran cun autor ou autora estas noites máxicas que enchen de versos a montaña luguesa. Este ano o autor homenaxeado será Xesús Bermúdez Tellado, que ven de publicar o seu primeiro libro: Viaxe sen cancelas, en Redelibros. A poesía de Xesús Bermúdez Tellado é de aparencia sinxela, moi pegada ás vivencias que a provocaron. A través dela tamén podemos vernos reflectidos nós e atopar acubillo…
No ano en curso de 2012 cúmprense trinta anos da publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) elaboradas por unha comisión mixta do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Real Academia Galega, e aprobadas en sesión conxunta de ambas as dúas institucións. A aprobación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego de 1982 foi un fito na historia do idioma, por representaren a primeira proposta ampla, sistemática e cientificamente xustificada de codificación ortográfica e morfolóxica do galego común. As NOMIG serían oficializadas pouco despois mediante decreto da Xunta de Galicia,…
poesiagalega.org, a base de datos e repositorio dixital sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos, nacida ao abeiro do Grupo Alea de Análise Poética e do Consello da Cultura Galega, ven de rematar cunha etapa por mor da falla de financiamento. O pasado 4 de decembro de 2012 rematou o ciclo trianual do proxecto de investigación vinculado a poesigalega.org e agora se abre unha xeira nova na que a produción e actualización de contidos do repositorio dixital diminuirá sensibelmente. A pesar de que isto non suporá a eliminación do repositorio, a diferenza coa etapa anterior é…
A editorial Galaxia ven de abrir Galaxia Cómic, unha aplicación para iPad e iPhone que nos permitirá ler nas tablets e móbiles novelas gráficas e toda clase de produtos relacionados coa banda deseñada. A aplicacíón, dispoñible en galego, castelán, inglés e coreano é totalmentede balde. A primeira novela gráfica que se pode consultar é Nómades, de Xosé Tomás, por un prezo de 2′69 euros. Esta é unha das novas iniciativas posta en marca dende Galaxia, xunto a Galaxia Tales, unha web de contos interactivos en Rede, listos para ser visualizados e mercados dende calquera soporte que teña conexión a Internet.…
Serxio Iglesias Rodríguez é o gañador do XXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca anualmente o concello de Dodro en memoria do seu ilustre poeta. O xurado, formado por Inma López Silva, Mª Xesús Nogueria, Bieiro Iglesias e Pura Prado, baixo a coordinación de Xabier Castro, acordaron outorgar por unanimidade o premio ao traballo Viaxe ao interior da fenda. O xurado destaca da obra gañadora a capacidade para reescribir unha temática universal como é a perda, así como o coidado no rexistro poético especialmente na selección léxica e na creación de imaxes. Estamos ante un dos premios poéticos…
Ignacio Vidal Portabales é o nome do gañador do XXX Premio de Novela Longa Blanco Amor pola súa obra Dióxenes en Dolorida. Para o autor, nado en 1958 en Santiago de Compostela, trátase da súa primeira novela en lingua galega. Unha obra que salienta, segundo o xurado, pola súa estrutura e estilo áxil e directo, polo emprego de diferentes voces narrativas e do humor como elemento condutor e pola recreación dun ambiente a medio camiño entre o real e o paródico. Tamén salienta o xurado o esforzo de introspección que o autor realiza nas relacións de parella e a propia…
Lourenzo Maroño e Elena Sherevera, pola Antoloxía da poesía rusa: de Pushkin a Evtushenko; e Camiño Noia, pola súa tradución O gran Meaulnes, de Alain Fournier, foron os gañadores da XI edición dos premios de tradución Plácido Castro que se entregaron onte sábado en Vilagarcía de Arousa. O xurado, integrado por representantes da Fundación Plácido Castro, a Xunta de Galicia, o IGADI, a Real Academia Galega e a Asociación de Tradutores Galegos, sinalou no seu fallo que na tradución da poesía rusa apréciase unha vontade de estilo moi ben conseguida, con expresións naturais e poéticamente cribles en galego. Trátase de…
Páxina 121 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
Data : 01/02/2018

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!