A Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e o Concello de Pontevedra, organiza o Congreso Valentín Paz Andrade, co que e pecha o programa de actos desenvolvidos ao longo do ano para homenaxear ao autor do Día das Letras Galegas 2012. Este congreso terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do 13 ao 15 de decembro.
Coordinado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Manuel González González, Euloxio Rodríguez Ruibal e Francisco Fernández Rei, ao longo destes tres días falarase e rememorarase a Paz Andrade na súa faceta literaria, política e económica. Especialistas e coñecedores de Pez Andrade como Tucho Calvo, Luís Cochón, Xavier Vence, Xosé Henrique Monteagudo ou Darío Villanueva, entre outros, pasarán por este Congreso.
A inscrición é de balde e para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. en que figuren os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico e teléfono. Admitirase un número máximo de 100 solicitudes por rigorosa orde de inscrición.