Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Baseándose no libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, do presidente d'A Mesa pola normalización Lingüística Carlos Callón e publicado por Xerais, iníciase o proxecto Actívate co galego. Segundo lemos no blog http://axendaaelg.blogaliza.org, trátase dun proxecto para que a xente plasme os seus resultados sobre a aplicación dos consellos para vivir en galego que aparecen no libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Por iso, se utilizaches nalgunha ocasión ese manual práctico, podes enviar a túa historia ou as túas historias ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Non é necesario que o testemuño sexa longo. O que se considera esencial é que…
Unha das librarías míticas de Ourense, a Torga, sita na rúa da Paz, reabre as súas portas convertida en Vento do Sul, un espazo que incluirá diferentes e variadas iniciativas. Deste xeito, amais da propia libraría Torga, compartirán espazo a tenda Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia, Baobab-Ecocrianza, Catapiro-Xogos Tradicionais, e Difusora de Letras, Artes e Ideas, vencellada xa dende antes á propia editorial. O acto de inauguración tivo lugar onte cunha grande afluencia de público.
O sábado 28 de xullo, ás 12.00 h., na Insua dos Poetas (Esgueva, Madarnás, O Carballiño. Estrada do Carballiño a Lalín -OU-902-, km. 94,5) terá lugar a IV edición da Festa da palabra, adicada a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento. Durante esta IV Festa da Palabra terá lugar un acto literario, a inauguración da escultura Irmaus de Manuel Penín e a entrega dos Premios Sete Carballas. Ao remate, celebrarase un xantar de confraternidade e ourensanía. A Insua dos Poetas comezou a súa andaina no ano 2009 e está impulsado polo poeta Luís González Tosar. Este espazo cultural,…
Tras o éxito do I Outlet do Libro Galego que se celebrou na ourensá vila de Allariz no pasado mes de abril, o Café Moderno de Pontevedra acollerá un novo outlet entre o 21 e o 29 de xullo. O evento está organizado pola Asociación Galega de Editores (AGE) e conta co respaldo do Concello pontevedrés e de dúas librerías da cidade. A iniciativa encrávase dentro da estratexia de promoción e visibilidade dos libros galegos, consistente na organización de espazos singulares de venda de libros a prezos de crise. A actividade representa tamén unha segunda oportunidade para títulos e autores…
A plataforma cultural Sonda Norte de Ribadeo ven de inaugurar a primeira exposición de ilustración, cómic e banda deseñada. O traballo de coordinación realizado por Héctor Peña e Ánxela López consistiu nun repaso da historia do cómic e da banda deseñada en Ribadeo desde os tempos de Suso Peña ata os rapaces que hoxe nos institutos están traballando creativamente nese ámbito. A inauguración tivo lugar o pasado venres, 6 de xullo, e estará instalada ata o 3 de agosto na Sala Sonda Norte, no primeiro andar da Casa da Xuventude de Ribadeo. Esta exposición de ilustración, cómic e banda deseñada…
Onte á mañá faleceu Kristina Berg Casares como consecuencia de complicacións no seu estado de saúde. Recuperamos o magnífico perfil que da súa persoa retratan na Fundación Carlos Casares, entidade da que era presidenta. Kristina Berg naceu en Halmstad, cidade portuaria do sur de Suecia, capital da provincia de Halland, o día 22 de xuño de 1948. Xa na adolescencia destacou pola súa simpatía e unha personalidade adornada con cualidades expresivas. Foi este carácter extrovertido o que a moveu a participar en actividades teatrais e cinematográficas, chegando a gravar varios episodios dunha popular serie de época para a TV sueca.…
O concello de Outes organiza entre os días 19 e 22 de xullo un curso de verán para conmemorar o bicentenario do nacemento do poeta Francisco Añón. Este curso está homologado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ao longo dos catro días do curso, que terá lugar na Casa da Cultura de Outes e estará coordinado por Xoán X. Mariño, debullarase a figura e a obra deste precursor do Rexurdimento. Especialistas como Henrqique Monteagudo, Ramón Blanco, Xabier Castro ou Manuel do Río analizarán tanto a obra como o contexto social no que se moveu o autor orixinario de…
Mércores, 04 Xullo 2012 12:28

Música e poesía este verán en Ribeira

O concello coruñés de Ribeira acollerá nos meses de xullo e agosto recitais de música e poesía. Organizado pola Asociación Cultural Na Brétema o bar Brétema de Ribeira acollerá todos os domingos do verán diferentes sesións para recitar e escoitar poesía onde os escritores e poetas novos terán un espacial protagonismo. As sesións serán as 21.30 h. a principiarán este domingo cos versos de Alicia Padín e o piano de Toño Pita.
O Consello da Cultura Galega ven de anunciar na súa páxina web a dimisión de Gabriel Quiroga, ata o día de onte director do Arquivo de Galicia. Según podemos ler no CCG “A renuncia prodúcese poucos días despois da presentación do Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, que traslada os fondos do Arquivo á Biblioteca de Galicia, que pasará a ser deste xeito Biblioteca e Arquivo de Galicia, destinando a actual sede do arquivo a outro fin. O texto, no entanto, non establecía unha fusión dos dous organismos, senón unicamente a súa convivencia no edificio.” Faise referencia ao Plan Estratéxico…
O concello de Mondoñedo prepara un amplo abano de actividades para conmemorar o centenario do pasamento do escritor mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro. As actividades principiarán este venres 6 de xullo ás 20.00 h. coa homenaxe ao autor de Cantares Gallegos cunha visita guiada o Centro Cultural da Alcántara. De seguido, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”, terá lugar a presentación e entrega de trípticos do Roteiro Turístico-Cultural e Etnográfico “Leiras Pulpeiro”. Participarán neste acto Antón Veiga, Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo; Orlando González Cruz, Alcalde do Concello de Mondoñedo; Amaia Goikoetxea, Departamento de Cultura do Goberno Vasco; e Luís Fernández…
Páxina 132 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
26
Data : 26/01/2019

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!