Unha das librarías míticas de Ourense, a Torga, sita na rúa da Paz, reabre as súas portas convertida en Vento do Sul, un espazo que incluirá diferentes e variadas iniciativas.
Deste xeito, amais da propia libraría Torga, compartirán espazo a tenda Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia, Baobab-Ecocrianza, Catapiro-Xogos Tradicionais, e Difusora de Letras, Artes e Ideas, vencellada xa dende antes á propia editorial.
O acto de inauguración tivo lugar onte cunha grande afluencia de público.