Baseándose no libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, do presidente d'A Mesa pola normalización Lingüística Carlos Callón e publicado por Xerais, iníciase o proxecto Actívate co galego.
Segundo lemos no blog http://axendaaelg.blogaliza.org, trátase dun proxecto para que a xente plasme os seus resultados sobre a aplicación dos consellos para vivir en galego que aparecen no libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Por iso, se utilizaches nalgunha ocasión ese manual práctico, podes enviar a túa historia ou as túas historias ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Non é necesario que o testemuño sexa longo. O que se considera esencial é que se compartan estas experiencias, xa que poden servir de espello e estímulo para que todas e todos nos activemos na defensa da nosa lingua. Porque falamos galego e temos dereitos!”