Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Allariz énchese de poesía e música na cuarta edición do Poemagosto. Entre o 13 e o 15 de outubro o Festival de Poesía ofrecerá unha nova proposta e reunirá a voces literarias internacionais. O elenco poético terá acentos varios: galego, portugués, castelán, catalán, euskera, asturiano, italiano, chinés e ruso. O Festival de Poesía pretende ampliar o calendario de actividades reforzando a imaxe de Allariz como “vila literaria”. Os poetas darán recitais polas rúas de Allariz, participarán en sesións de micro aberto. O domingo terá lugar o combate poético entre os que escriben poesía en galego. A música será parte importante…
A edición galega está presente na Feira Internacional do Libro de Frankfurt, unha das citas europeas sectoriais máis importantes, que se desenvolve na cidade alemá do 11 ao 15 de outubro. Deste xeito, as editoriais Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, KNS Edicións, Hércules de Ediciones, Nova Galicia Edicións, Alvarellos, Arnoia Distribución, Bolanda, Kalandraka, MC Sports, Bululú e Catro Ventos difunden a súa produción a través do stand de Galicia, co apoio da Consellería de Cultura do goberno galego. Pola súa banda, os libros de Xerais tamén estarán presentes no stand do grupo Anaya; o Servizo de Publicacións da Universidade de…
A Pobra do Caramiñal lembra o seu escritor máis ilustre, Ramón María del Valle-Inclán, no mes no que se celebra o aniversario do seu nacemento. A XIX edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, organizadas polo concello da Pobra do Caramiñal e o Museo Valle-Inclán da Pobra, aglutinan unha variada programación cultural para conmemorar o 151º aniversario do escritor, que combina actividades para todos os públicos e idades, como exposicións, presentacións de publicacións, teatro, recitais ou concertos. As actividades das xornadas deron comezo xa o pasado sábado, coa presentación da edición dun manuscrito inédito de Carlos Luís del Valle-Inclán y…
Este martes 10 de outubro, e sete séculos despois de inspirar os testemuños máis antigos da lírica medieval galego-portuguesa, a ría de Vigo volve ser o fogar das cantigas do trobador galego Martín Códax. O manuscrito do século XIII que as contén, o coñecido como Pergamiño Vindel, está exposto xa no Museo do Mar de Galicia ata o vindeiro 4 e marzo de 2018 grazas ao labor desenvolvido pola Universidade de Vigo e a consellaría de Cultura do goberno de Galicia, que fixeron os trámites necesarios para traer a Vigo o documento que posúe a Morgan Library de Nova Iorque.…
Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega é o título do Congreso de Poesía que a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) está a preparar, coa finalidade de facer unha revisión da produción poética dos últimos 40 anos. O Congreso, que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra nos 6 e 7 de outubro, ten como obxectivo facer un debate aberto sobre o estado actual e recente da poesía galega, unanimemente recoñecida pola súa grande valía literaria, mais que padece unha certa invisibilidade social no seu propio territorio, o que fai máis necesario que nunca un Congreso onde se debatan…
Reunido o xurado da XVII edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, formado por Estevo Creus Andrade, Olalla Cociña, Charo Lópes –gañadora da edición do 2015-, Mónica López -concelleira de Cultura- e María Casar, presidenta de Ergueitos e secretaria do premio, decidiron conceder o premio desta edición, por maioría, ao poemario Claus e o alacrán, do que resultou autora Lara Dopazo Ruibal. Na acta do premio, o xurado destacou a temática arriscada desta obra e unha voz diferente cun rexistro que apela ao sensorial. Desde unha sinxeleza estética que condensa múltiples camadas de significados. Unha obra que reflexiona sobre…
A poeta recentemente finada Xohana Torres, a Fundación Rosalía de Castro, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía Senlle, Óliver Laxe, o proxecto Apego, e Cristina Pato son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2017, nas modalidades de Letras, Patrimonio Cultural, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua e Proxección Exterior, respectivamente. O xurado dos premios reuniuse onte na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, e que estivo integrado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; polo xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Fernández, por delegación do seu presidente; polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes;…
Venres, 29 Setembro 2017 13:15

Poesía e música no Entreverbas 2017

O Centro Cultural Xerme, en Cabreira (Salvaterra de Miño) acolle hoxe e mañá o III Encontro literario-musical Entreverbas 2017.   Programa Venres 29 de setembro. Ás 21.00 h. Carpintería Acuña de Cabreira. Proxección dos video-poemas “Poemas de amor de Outono” de Toño Núñez, coa presenza e comentarios do autor. Sábado 30 de setembro. No Centro Cultural Xerme de Cabreira. 18.00 h. Charla-coloquio con Xabier Díaz: A tradición oral na música popular galega. 19.00 h. Presentación da exposición foro-poética O Fotógrafo de Emma Pedreira. 20.00 h. Recital con Susana Arins, Iria Collazo, Toño Núñez e Emma Pedreira. Performance poética Enredadas e actuación musical de Su Garrido Pombo
A imaxe de Rosalía como unha superheroína con capa e máscara preside o cartel do Festival Rosalía, unha gala e unha feira de produtos coa súa marca que se desenvolverán os días 29 e 30 de setembro en Santiago de Compostela, organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Fundación Rosalía de Castro. Ademais de música e poesía, no festival haberá obxectos como cuncas, camisolas, cervexa, sacas ou libros con Rosalía como protagonista. Serán dúas xornadas para homenaxear unha Rosalía moderna, reivindicativa, enérxica, revolucionaria,…
O xurado do I Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, que organiza por vez primeira o concello de Fornelos de Montes coa colaboración da Deputación de Pontevedra, decidiu outorgar o premio ao artigo “O segredo mellor gardado”, presentado co pseudónimo “María Balteira”. Unha vez aberta a plica, o gañador resultou ser Xoán Carlos Domínguez Alberte. Composto por Ramón Nicolás, Ramón Rozas e Carme Vidal coa coordinadora do premio, Carme Carreiro, en calidade de secretaria, o xurado do Premio considera que o artigo evoca a escrita xornalística reivindicativa, comprometida e de contido social de Manuel Lueiro Rey. Ademais, o tema de recuperación da memoria histórica…
Páxina 40 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!