O Centro Cultural Xerme, en Cabreira (Salvaterra de Miño) acolle hoxe e mañá o III Encontro literario-musical Entreverbas 2017.
Programa
Venres 29 de setembro. Ás 21.00 h. Carpintería Acuña de Cabreira.
Proxección dos video-poemas “Poemas de amor de Outono” de Toño Núñez, coa presenza e comentarios do autor.
Sábado 30 de setembro. No Centro Cultural Xerme de Cabreira.
18.00 h. Charla-coloquio con Xabier Díaz: A tradición oral na música popular galega.
19.00 h. Presentación da exposición foro-poética O Fotógrafo de Emma Pedreira.
20.00 h. Recital con Susana Arins, Iria Collazo, Toño Núñez e Emma Pedreira.
Performance poética Enredadas e actuación musical de Su Garrido Pombo