Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega é o título do Congreso de Poesía que a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) está a preparar, coa finalidade de facer unha revisión da produción poética dos últimos 40 anos.
O Congreso, que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra nos 6 e 7 de outubro, ten como obxectivo facer un debate aberto sobre o estado actual e recente da poesía galega, unanimemente recoñecida pola súa grande valía literaria, mais que padece unha certa invisibilidade social no seu propio territorio, o que fai máis necesario que nunca un Congreso onde se debatan diversas perspectivas sobre ela, como un punto de encontro onde reflexionar serena e abertamente arredor das experiencias vinculadas ao feito poético.
Ao longo dos dous días do congreso, celebraranse seis mesas redondas, abertas á interacción co público asistente:
- Nós tamén navegar, a poesía galega de 1976 a 2016. Coordinadora: Marta Dacosta.
- Teatro e outras formas de comunicación do poético. Coordinador: Afonso Becerra.
- Interaccións poéticas: ensino, lingua, ciencia. Coordinadora: Mercedes Queixas.
- Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. Coordinador: Ramiro Torres.
- 40 anos de poesía aos ollos da crítica. Coordinadora: Chus Nogueira.
- Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Coordinador: Carlos Negro.
Adicionalmente, haberá tamén un recital poético o venres 6 de outubro, a partir das 21.15 h., no Espazo Multidisciplinar Nemonon.
A asistencia ao Congreso para o público interesado é libre e de balde, mais dende a organización pídese que, preferiblemente (non é obrigatorio) fagan a inscrición previa, a efectos organizativos, no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben no teléfono 981133233 (neste caso, en horario de 09.30 h. a 14.00 h., de luns a venres).
Programa
Venres 6 de outubro. Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n)
16.00 h. Recepción dos/as congresistas.
16.15 h. Inauguración do Congreso, coa presenza do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e a Concelleira de Cultura, Carme Fouces.
16.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 1. Nós tamén navegar, a poesía galega de 1976 a 2016. Coordinadora: Marta Dacosta.
Relatoras: Helena Villar, Rosa Enríquez e Yolanda Castaño.
18.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 2. Teatro e outras formas de comunicación do poético (oralidade, popular, etc.). Coordinador: Afonso Becerra.
Relatoras/es: Miguel Sande, Antonio Reigosa e Silvia Penas.
21.15 h. Recital de poesía e música . No Espazo Multidisciplinar Nemonon (Rúa Marqués de Riestra, 11).
Coa participación de Rosalía Fernández Rial, Xulio López Valcárcel, Antón Lopo, María do Cebreiro, Baldo Ramos, Ana Romaní, Daniel Salgado, Susana Sánchez Arins, Dores Tembrás e Vítor Vaqueiro, xunto á música ao vivo de César Morán. Presentado por Lucía Novas.
Sábado 7 de outubro. Pazo da Cultura de Pontevedra.
10.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 3. Interaccións poéticas: ensino, lingua, ciencia. Coordinadora: Mercedes Queixas.
Relatoras/es: Ramón Caride, Ramón Nicolás e Estíbaliz Espinosa.
12.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 4. Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. Coordinador: Ramiro Torres.
Relatoras/es: María Reimóndez, Raúl Gómez Pato, Tiago Alves Costa (Lusofonia).
16.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 5. 40 anos de poesía aos ollos da crítica. Coordinadora: Chus Nogueira.
Relatoras/es: Vicente Araguas, Teresa Seara e Mario Regueira.
18.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 6. Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Coordinador: Carlos Negro.
Relatoras/es: Fran Alonso, Antía Otero e Celia Parra Díaz.