Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Este pasado sábado faleceu en Lugo o escritor e sacerdote Xosé Manuel Carballo. Natural de San Martiño de Goberno, en Castro de Rei, onde naceu hai 73 anos, Carballo estudou no seminario de Mondoñedo e exerceu como párroco en varias parroquias lucenses. Dende 1985 formou parte do Equipo de Delegados de Catequese de Galicia e da Diocese de Mondoñedo, colaborando co uso normal do galego nas catequeses, ademais de presidir unha comisión de impulso e normalización do uso do galego nas áreas de relixión, servizos sociais e inmigrantes creado polo goberno galego. Na súa faceta como escritor ten publicado moitos…
A biblioteca municipal de Verín ven de acadar o Premio María Moliner ao mellor proxecto de animación á lectura a concellos de entre 5.001 y 20.000 habitantes, polo seu proxecto titulado Voluntariado Cultural para o Fomento da Lectura. Este premoi outórgao o ministerio de cultura do estado español, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Fundación Coca-Cola, e ten como obxectivo premiar os mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre nenos e mozos, que constitúen a base dos futuros lectores…
A Asociación Galega de Editoras organiza unha nova edición do Simposio O Libro e A Lectura, desta volta baixo o lema Libro ilustrado: Outra forma de ler? e que se vai celebrar os próximos días 8 e 9 de novembro, no auditorio da Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa Vilar, 19) en horario de tarde, o día 8 de novembro, desde as 16.30 h. e en xornada completa, o 9 de novembro. A XIV edición do Simposio da AGE, contará con tres mesas redondas, unha dedicada á banda deseñada e na que intervirán Kiko Da Silva, Cano Paz e Carla Berrocal; outra sobre…
A Fundación Luís Seoane da Coruña acolle a exposición Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación, un proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luís Seoane, unha obra que formou parte das edicións pertencentes á campaña de propaganda no exterior levadas a cabo pola II República durante a Guerra Civil española, formada por trece debuxos do artista galego, 14 coa portada, nos que este denuncia aos responsables do golpe de Estado de 1936 e pon de manifesto a situación sufrida pola poboación civil por mor do conflito e a represión posteriores.   A exposición…
O pasado 17 de outubro constituíuse a Fundación Eduardo Blanco Amor, unha entidade que nace co obxectivo de conservar e difundir a obra do insigne escritor ourensán. O labor da fundación centrarase na promoción e tradución da obra blancoamoriana, así como na investigación, catalogación e conservación do arquivo documental; e na realización de actividades culturais e de dinamización sociocultural de todo o relacionado con Blanco Amor na provincia de Ourense, en Galicia, no estado español e en países de América vencellados ao escritor. Tamén inclúe entre os fins a divulgación de actividades nos campos da literatura, o xornalismo, a lingua…
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Isabel-Clara Simó como Escritora Galega Universal 2018, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional dos Països Catalans. O Premio será entregado o día 19 de maio de 2018, no marco da III Gala do Libro Galego, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Nas anteriores edicións, recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio…
Aproveitando a exposición que estes meses acolle o Museo do Mar de Vigo centrada no Pergamiño Vindel, o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo organiza o ciclo de conferencias Os xoves do Vindel, unha iniciativa coordinada pola catedrática emérita Camiño Noia e na que participan os docentes e investigadores Bieito Arias, Xosé-Henrique Costas e Alexandre Rodríguez. O programa componse de seis relatorios e desenvolverase no edificio Cambón do Casco Vello de Vigo. Empezou onte cun relatorio titulado Aproximación á configuración urbana de Vigo na época do Pergamiño Vindel a cargo do docente e investigador da UNED Anselmo López…
A obra do autor homenaxeado polas Letras Galegas 2017, Carlos Casares, centrará o XIV Curso de Formación A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións texto-imaxe, que se celebrará o próximo novembro baixo o título Literatura e memoria: Carlos Casares no ensino. As entidades convocantes desta acción formativa son o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura e Educación, o Grupo de Investigación LITER21 pertencente ao Instituto de Cinecias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre Carlos Casares…
Hordas de escritura (Xerais, 2008) de Chus Pato é o mellor libro de poesía da década, segundo indicou o xurado do Premio Mondoñedo 10 deste ano, integrado por representantes das entidades literarias e vinculadas ao mundo do libro de Galicia. O xurado recoñece a importancia dunha obra "con vocación experimental" na que a poeta "intenta artellar un discurso de colectividade na liña da poesía moderna escapando do suxeito lírico individual", así como a vontade de Hordas de escritura de "superar os límites da linguaxe poética convencional, transgredindo os xénero literarios" e considera este título "un paso adiante no proxecto de indagación das…
O sábado, 21 de outubro, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, en Lugo, terá lugar a X Xornada de Literatura Oral. Nesta ocasión farase fincapé nas palabras con memoria, sobre todo no eido da toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía. Somos singulares porque cadaquén temos reservado en exclusiva un nome e uns apelidos; sabemos onde andamos e vivimos, o lugar que ocupamos no universo, porque pisamos territorios nomeados. Relacionámonos case exclusivamente con palabras que son consecuencia de ideas, pensamentos e accións verbalizábeis. Moitas veces este vivir acelerado fai que, sen decatarnos, esquezamos, que borremos da memoria a música…
Páxina 39 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!