Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O ferrolán Mario Regueira gaña o XIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas co poemario Marco Livorno. O fallo do xurado, integrado por Paco de Tano, Eduardo Estévez, Elvira Riveiro e Antón Noceda como secretario, fíxose público, como é costume, durante a celebración da Cea das Letras, que cumpre o dobre obxectivo de dar a coñecer ao gañador ou gañadora do ano e de presentar impresa a obra premiada na edición anterior. Neste caso, o libro co que foron agasalladas todas as persoas asistentes foi Diáspora de amor balea, unha obra asinada por Andrea Nunez Brións e María Rosendo. Paco de…
O 1 de febreiro deste ano, aos 66 anos, deixábanos o escritor lucense Isidro Novo. Grazas á colaboración entre a Asociación de Escritoras en Lingua Galega e o concello de Lugo organizarase unha homenaxe colectiva a Isidro Novo o vindeiro 3 de novembro no Vello Cárcere. A xornada de homenaxe arrincará cun simposio, no auditorio do Vello Cárcere, dende as 10.30 h. Nel intervirán Jose Luis Calvo, co relatorio Isidro Novo: retrato robot; X. Ramón Freixeiro, con Isidro Novo no ronsel das palabras fuxidías; Yago Rodríguez, que fará Unha achega intimista á narrativa de Isidro Novo e Marica Campo, que falará sobre A poesía de…
Marcos Calveiro, con O xardineiro dos ingleses (Galaxia) ven de acadar o XXIV Premio Literario San Clemente-Abanca na modalidade de lingua galega. Este premio de narrativa ten a intención de converter os alumnos de Bacharelato en protagonistas á hora de conceder un premio literario, xa que o xurado deste Premio está composto por estudantes de Bacharelato. Nas variantes de novela en castelán e en lingua estranxeira, os vencedores foron Pedro Mairal, con La uruguaya (Libros del Asteroide), e Han Kang, con A vexetariana (Rata), respectivamente. O xurado do XXIV Premio San Clemente Rosalía-Abanca estivo composto por estudantado de bacharelato do…
O ourensán Afonso Vázquez-Monxardín acaba de ser nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. O pleno da institución, na sesión celebrada o pasado venres, votou favorablemente a proposta de incorporación do catedrático de Lingua e literatura galegas, autor de destacadas investigacións de fondos documentais relacionados con persoeiros da cultura galega -nomeadamente das gravacións de intelectuais como Otero Pedrayo- e activista cultural de referencia na súa cidade natal. O novo académico correspondente é licenciado en Xeografía e Historia e desde 1983 é docente de Lingua e literatura galegas, profesión que exerce como catedrático no IES As Lagoas de Ourense. Tras participar…
Martes, 30 Outubro 2018 23:08

Falece o dramaturgo Gustavo Pernas Cora

O home de teatro Ramón Pernas faleceu no día de hoxe aos 59 anos. Ao longo da súa carreira, Pernas compatibilizou o seu oficio de produtor, director de escena e actor co de autor teatral. Nado en Viveiro no ano 1959 Pernas Cora era licenciado en Xeografía e Historia, aínda que dende 1985 dedicouse profesionalmente ao teatro. O seu traballo como dramaturgo foi distinguido a través dos anos con múltiples galardóns e recoñecementos, entre os que cómpre salientar dous Premios Max consecutivos ao Mellor Texto Teatral en Galego por Paso de cebra (2006) e Final de película (2007, ex aequo).…
A pedagoga e ensinante Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán son as gañadoras do Premio Otero Pedrayo que se fallou o pasado día 25 no Pazo de Mariñán. Este premio está convocado polas catro deputacións e o goberno de Galicia, e organizado nesta edición pola Deputación da Coruña. O Premio Otero Pedrayo recae por primeira vez en dúas mulleres, pioneiras no mundo do ensino e do uso do galego na escola no caso de Antía Cal e na defensa dos dereitos das mulleres desde todos os ámbitos, de maneira especial desde o literario, ensaístico e activista, Mª Xosé…
O vindeiro 31 de outubro, no compostelán Auditorio de Galicia, A Gala aRi[t]mar Galiza e Portugal 2018 reunirá o cantante portugués Salvador Sobral, a formación galega A banda da Loba e os poetas Lois Pérez e Alexandre Brea para entregarlles os premios concedidos por votación popular á mellor música e poesía galega e portuguesa do pasado ano. A gala, na que se lerán e se cantarán os temas gañadores, forma parte do proxecto cultural homónimo que impulsan as consellerías de Educación -por medio da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago- e de Cultura e Turismo. A iniciativa aRi[t]mar chega…
Mañá venres celébrase a I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia que, baixo o lema As bibliotecas públicas do futuro: as bibliotecas en proceso de cambio, se celebrará no auditorio Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. O director técnico da Biblioteca Nacional de España (BNE), José Luis Bueren Gómez-Acebo, será o encargado de pronunciar a conferencia inaugural e o encontro, que contará coa participación de expertos de recoñecido prestixio no ámbito bibliotecario e coa presentación de experiencias innovadoras e boas prácticas para compartir cos profesionais asistentes. A xornada, organizada pola Subdirección…
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, en colaboración coa AS-PG e coa Deputación de Lugo, organiza a XI Xornada de Literatura de Tradición Oral, que nesta edición se dedica a O rol da muller na literatura de tradición oral. Esta XI Xornada de Literatura de Tradición Oral terá lugar no prazo de San Marcos, o 27 de outubro, coa participación de seis investigadoras e creadoras que revisarán desde unha perspectiva crítica o rol da muller nos diversos xéneros da literatura oral. A xornada arrinca ás 10.30 h. cunha conferencia de Camiño Noia sobre o papel da muller…
A escritora Eli Ríos é a gañadora da 29ª edición do Premio Miguel González Garcés de poesía da Deputación da Coruña coa súa obra Ningunha tortilla é mala. Silvia Penas con Subministro é a finalista do certame. O xurado composto por Vicente Araguas, Enma Pedreira, Xosé María Álvarez Cáccamo, Rafa Vilar e Lorena Conde como gañadora da edición anterior, presidido pola vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei coa xefa de sección, Mercedes Fernández Albalat como secretaria, optou por Ningunha tortilla é mala, de Eli Ríos, como gañadora do Premio González Garcés de poesía entre os…
Páxina 11 de 169

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom