Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Prender os fachos, compoñer os ósos, do poeta Carlos da Aira, foi a obra gañadora do 34 Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xurado, composto por Luís Tosar, poeta e presidente do Pen club Galicia, Soedade do Muíño, profesora de lingua e literatura galegas, Edelmiro Vázquez Naval, poeta, e Fernando Fitas, xornalista e poeta gañador da edición anterior, resolveu  por unanimidade concederlle o premio ao poeta allaricense.  Os integrantes do xurado valoraron a súa obra do seguinte xeito: “Alicerzado nun discurso literario despoxado de artificialismos, mais presentando un conxunto de belas metáforas e un interesante vocabulario, esta obra constitúe…
Atún, pan, libros, música e artes plásticas integran o menú da Feira da Creatividade Cultural de Carballo, ou, o que é o mesmo, a Praza dos Libros. E para preparalo contaremos con algunhas das mellores cociñeiras e algúns dos mellores cociñeiros da cultura galega: Manolo Rivas, Pedro Feijoo, Enma Pedreira, Eli Ríos, Pablo Díaz, Anxo Moure, Paco Nogueiras, Miro Villar, Anair Rodríguez, Mamá Cabra, Milladoiro, Sés... Sen esquecer a restauradores da casa coma Xan Fraga, Rosalía Fernández Rial, Héctor Pose, Selina Otero, Beatriz Fraga ou Mercedes Queixas. A Praza dos Libros de Carballo terá lugar entre os días 5 e 8 de xullo no Xardín…
Hoxe comeza o II Festival Poético ‘Fala o mar’, que se desenvolverá ao longo de toda a fin de semana en Combarro (Poio), un evento literario organizado pola ACDeM Armadiña coa colaboración da Deputación de Pontevedra único en Combarro e na súa contorna no que se reúnen diversas propostas en lingua galega vertebradas arredor da palabra poética. Esta segunda edición celebrarase entre o 6 e o 8 de xullo e terá lugar nas prazas do casco histórico de Combarro.   Programa Venres 6 de xullo: Praza da Praia do Padrón. 21.00 h. Verso sobre onda. Regueifa con Quique e Mani.…
A xunta de goberno do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela nomeou como director do Instituto o profesor Xosé Luís Regueira Fernández logo de que fora proposto por unanimidade como candidato nunha reunión do seu Consello Científico. Regueira substitúe a Ernesto Xosé González Seoane, quen estivo ao fronte do ILG dende o ano 2013. Xosé Luís Regueira Fernández (Vilalba, 1958) é catedrático da área de Filoloxías Galega e Portuguesa e académico na Real Academia Galega. Licenciouse en Filoloxía Románica na USC en 1982 e obtivo o título de doutor na mesma universidade sete anos despois. Forma parte…
Hoxe comeza unha nova edición de PoemaRia, un encontro anual de Poesía en Vigo que conta coa presenza dalgunhas voces máis interesantes do panorama editorial contemporáneo en diferentes espazos da cidade. PoemaRia ten coma un dos seus principais obxectivos visibilizar a creación das Mulleres na Poesía. A edición do 2018 desenvolverase do 29 de xuño ao 1 de xullo en diferentes puntos da cidade. A inauguración terá lugar ás 20.00 h. na Casa Galega da Cultura, cun recital a cargo da galega Dores Tembrás e da cordobesa Elena Medel. Ese será o comezo a unha intensa programación que durante tres días…
A XLIV Feira do Libro de Vigo abriu hoxe as súas portas ao público e durante os seus 10 días de duración celebraranse na Porta do Sol máis de 70 actividades relacionadas coa promoción da lectura e o mundo da cultura, pensadas para público de todas as idades. Sinaturas e presentacións de libros, obradoiros, actuacións musicais e unha especial atención aos máis pequenos atraerán o interese dos lectores cara a esta cita cultural obrigada na cidade. O profesor e exeditor de Xerais Manuel Bragado, foi o pregoeiro desta XLIV edición da Feira do Libro de Vigo, na que participan librarías…
Mestre da vida e mestre de escritores, hoxe deixounos Xabier P. Docampo con tan só 72 anos e moitas viaxes imaxinarias aínda por escribir. Mestre, escritor, pedagogo, creador de mundos, contacontos, promotor e defensor da cultura e da lingua galega, tamén actor e guionista de radio e televisión. Amigo das conversas, do cine. Bo e xeneroso. Humanista. Xabier P. Docampo nace no concello lucense de Rábade no ano 1946. Como escritor, centrou a meirande parte da súa obra na literatura infantil e xuvenil, a quen dedicou máis de trinta obras, recoñecidas moitas delas cos máis importantes premios, como o Rañolas,…
20.000 leguas baixo dos mares, o clásico de aventuras de Jules Verne con parada na baía de Vigo, foi o título escollido para inaugurar a colección de Lectura Fácil da editorial Galaxia. Cunha adaptación realizada pola Asociación Juan XXIII, que xa leva desenvolvida unha intensa actividade arredor dos clubes de lectura fácil, a creación desta nova colección ten como obxectivo incentivar a lectura en galego entre o público con dificultades lectoras transitorias ou permanentes. A Lectura Fácil diríxese a todos aqueles que teñan problemas para ler, ben porque o galego non é a súa primeira lingua, porque tivo unha alfabetización…
A vindeira semana chegará ás librarías galegas Fariña, o libro de Nacho Carretero sobre o mundo do narco galego na década dos 80 e 90. O libro estivo os últimos meses retirado da venta como medida cautelar pola demanda presentada José Alfredo Bea Gondar, exalcalde do Grove, contra Carretero e a editorial que publicou o libro na súa versión en castelán, Libros del KO, por presuntamente atentar contra o seu “honor”. Esa medida cautelar impediu igualmente que se publicara a súa versión en galego, lista para ser distribuída polo país por edicións Xerais. A Audiencia Provincial de Madrid revoca a…
Pontevedra acollerá esta fin de semana –venres 22, sábado 23 e domingo 24– a segunda edición da Festa dos Libros, organizada polo Concello de Pontevedra en colaboración con quince librarías da cidade. Durante tres días, a praza da Ferraría converterase nun punto de encontro de escritores e escritoras, libreiros e libreiras, editoriais e amantes da lectura, nun espazo de descubrimento, de curiosidade, de aprendizaxe e de gozo arredor da palabra e dos libros. Os postos das librarías Aviones de Papel, Cao, Clip, Cronopios, D-Lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva, Metáfora, Naranjo, Patakafrita, Paz e…
Páxina 7 de 162

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom