Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), en colaboración coa editorial Galaxia, a Fundación Penzol e o concello de Vigo, homenaxeará a Francisco Fernández del Riego co recoñecemento Os Bos e Xenerosos, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura. Este ano chégase á oitava edición do recoñecemento e dedícase á figura de don Paco, que nos deixou o pasado ano, polo seu silencioso e incansábel traballo que mantivo aceso o facho da cultura galega en tempos moi difíciles. A homenaxe…
Luns, 14 Febreiro 2011 10:33

A Deputación de Lugo pásase ao dixital

A Deputación de Lugo pon en marcha un novo sistema de edición de publicacións en formato dixital. Antón Bao, vicepresidente da entidade, quixo salientar unha importante novidade, como é que “Textos metaliterarios nas Letras Galegas no período 1920-1950 é unha publicación en CD, co que se pon en marcha por primeira vez un novo sistema de edición de publicacións en formato dixital”. Igualmente subliñou que “estamos apostando por unha innovación coa que ademais se moderniza o servizo de publicacións da Deputación de Lugo” e "facilita a súa distribución e minimiza os custes, optimizando os nosos recursos”. Hai que ter en…
Xoves, 10 Febreiro 2011 10:33

A Coruña acollerá o Congreso Novoneyra

Organizado pola Real Academia Galega coa colaboración da Universidade da Coruña e da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña terá lugar, os días 17, 18 e 19 de febreiro do 2011, o Congreso Uxío Novoneyra. Chus Nogueira, Darío Xohán Cabana, Luís Alonso Girgado, Antón Patiño, Ana Acuña, Anxo Angueira, Carme Blanco son algúns dos especialistas que se achegarán ao longo desas tres xornadas á figura do poeta courelán e ao seu entorno, tanto persoal como paisaxístico, que conformarían posteriormente a súa obra. Para o venres 18 está previsto un recital poético con con Yolanda Castaño, Salvador García-Bodaño, Luz Pozo…
Como complemento á exposición do pintor e escultor Luís Caruncho Sete momentos, que pechará as súas portas o vindeiro 20 de febreiro na Sala de Exposicións do Pazo Municipal da Coruña, terá lugar unha Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho, que contará coa participación de Lino Braxe, Yolanda Castaño, X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Emma Pedreira, Ánxeles Penas, Henrique Rabunhal, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Xulio Valcárcel, Eva Veiga e Fidel Vidal. O acto, que se desenvolverá entre as obras do artista coruñés expostas no Pazo Municipal da Coruña, terá lugar ás…
O DOGA de hoxe publica a Orde do 27 de xaneiro de 2011 pola que se regulan, dentro das feiras culturais, as seccións de feiras do libro en Galicia para realizar no ano 2011. Once feiras percorrerán Galicia dende o 6 de abril en Ferrol ata o 27 de agosto en Monforte de Lemos. Polo tanto quedan definidas, dentro das feiras culturais, as seccións de feiras do libro en Galicia para realizar no ano 2011. Estas son as seguintes: Ferrol, do 6 ao 10 de abril;  Santiago de Compostela, do 30 de abril ao 8 de maio; Lalín, do 12…
Benito Losada, director da Casa da Xuventude de Ourense, finou no día de onte no Complexo Hospitalario Ourensano onde se atopaba dende había uns días por mor dunha grave doenza. Lucense de nacemento Losada era, xunto o seu amigo Marcos Valcárcel, un dos grandes dinamizadores culturais da cidade das Burgas. A cidade, coa perda en pouco máis de dous meses de ámbolos dous, tardará en recuperar o pulo cultural que tanto Benito como Marcos agasallaron á vella Auria. Director dende 1978 da Casa da Xuventude de Ourense, Benito Losada, promove e coordina numerosas actividades, como o Outono Fotográfico, as Xornadas…
O pasado sábado tivo lugar no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela a Asemblea Xeral de socios/as da Asociación de Escritores en Lingua Galega, onde se trataron as vindeiras actividades da entidade, unha análise dos últimos acontecementos na cultura galega, concretamente no sector dos escritores/as e unha reflexión sobre o papel que está a xogar a Cidade da Cultura de Galicia. As conclusión que se tomaron foron as seguintes: "Denunciamos a regresión na política de investimentos en todos os sectores da cultura, por parte do Goberno da Xunta de Galicia, o que está a destruír o construído nos últimos trinta anos por…
O xornal El Progreso de Lugo ven de premiar ao escritor e poeta Luís González Tosar co premio de xornalismo Puro Cora polo artigo ‘Indianos', que publicou nos diarios O Progreso e De Luns a Venres o 26 de abril de 2010. A finalidade deste premio, co que o xornal lugués lembra a memoria de quen fora o seu fundador, Purificación de Cora y Más Villafuerte, é o de premiar ao mellor artigo en galego ou castelán publicado no último ano en medios de comunicación escritos e asinado polo seu autor. nx0woé de Cora, representante do xurado e director xeral do…
O pasado sábado o mundo da cultura galega citouse en Muxía para presentar en sociedade a Fundación Gonzalo López Abente. No Salón de Plenos do Concello tivo lugar a presentación oficial da Fundación a cargo de Félix Porto e X. H. Rivadulla Corcón, e a sinatura da acta fundacional por parte dos representantes das institucións que forman parte do Padroado : Deputación da Coruña, Real Academia Galega, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago, Consello da Cultura Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Pen Club Galicia. De seguido os asistentes trasladáronse ao cemiterio para facer unha ofrenda floral diante da…
A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á escritora Xohana Torres (Santiago de Compostela, 1931) este mes de febreiro. Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, ... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que…
Páxina 178 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!