Como complemento á exposición do pintor e escultor Luís Caruncho Sete momentos, que pechará as súas portas o vindeiro 20 de febreiro na Sala de Exposicións do Pazo Municipal da Coruña, terá lugar unha Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho, que contará coa participación de Lino Braxe, Yolanda Castaño, X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Emma Pedreira, Ánxeles Penas, Henrique Rabunhal, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Xulio Valcárcel, Eva Veiga e Fidel Vidal.
O acto, que se desenvolverá entre as obras do artista coruñés expostas no Pazo Municipal da Coruña, terá lugar ás 20.00 h. con entrada de balde ata completar aforo.