O chantadino Xosé Lois García é o gañador do II Premio MOME de Teatro "Varela Buxán", convocado polo concello da Estrada coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O pasado venres a Sala de Xuntas do Concello da Estrada reuniu o xurado para fallar o gañador desta II edición do Premio de Teatro. Formado polo mestre e escritor Olimpio Arca Caldas, a profesora Rocío Calviño Cerviño, o escritor e investigador Héitor Picallo Fuentes, e polo Xerente do Mome, que actuará como secretario, Xosé Luna Sanmartín acordou nomear como obra gañadora A cerna, de Xosé Lois García.
Ensaísta, crítico literario, dramaturgo, poeta, especialista da literatura de expresión portuguesa en África, antólogo e tradutor. A obra de Xosé Lois abrangue, polo de agora, máis de cincuenta libros.
Tras a pasada edición, gañada por Teresa González Costa, este premios teatral vai camiño de se consolidar nos vindeiros anos. Un premio que ten como característica principal a súa dedicación á temática madeireira.