Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Xornada sobre Castelao na Cidade da Cultura

Rate this item
(0 votes)

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Consellería de Cultura e Turismo, organizan para este sábado no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, a xornada Vover a Castelao.

A xornada abranguerá a súa obra literaria, gráfica, pictórica e o seu papel na construción da nación, cuxa divulgación serve para reivindicar socialmente a súa palabra e achegala á cidadanía en xeral e ás novas xeracións en particular.

Na obra literaria de Castelao, escrita na súa integridade en galego e para o lectorado galego, a súa narrativa e o seu teatro impreso levan a nosa literatura a entraren na modernidade, ao paso da historia das literaturas pioneiras do século XX. A respecto da súa obra gráfica e pictórica, é mester recoñecérmola habitada pola omnipresente conciencia galeguizadora, polo pensamento analítico que nos explica a nós mesmos e que descobre perante nós, e ante os demais, a complexidade desde o noso estarmos no mundo, do noso pensármonos no mundo. A súa escrita de reflexión política, como acrisolamento do seu pensamento, nace e medra da análise da totalidade da problemática dos galegos e da súa praxe na actividade política, na defensa insubornábel dos intereses do pobo galego, da súa lingua, da súa economía, da concreción, en definitiva, de todo aquilo que nos define como pobo diferenciado, que ten que construír como tal o seu futuro.

A xornada comezará ás 10.30 h. coa conferencia do historiador e catedrático da USC Xusto Beramendi Castelao e a construción da nación.

De seguido o escritor, político e estudoso da obra de Castelao Manuel Rei Romero falará intervirá coa palestra De Rosalía a Castelao.

Tras unha pausa para o café Xoan Costa e Inma López Silva intervirán na mesa redonda Castelao ao pé da letra.

Tras o almorzo, a xornada sobre Castelao rematará cunha nova mesa redonda titulada Castelao e a arte do pensamento social, na que estraán os humoristas gráficos Siro López e Xosé Lois “O Carrabouxo”.

A entrada para esta xornada Volver a Castelao é de libre e de balde.

 

Un oeil de verre

Estes días chega ás librerías do mundo francófono, editado en Les Fondeurs de Briques, o libro de Castelao, orixinal de 1922, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete en tradución directamente do galego de Vincent Ozanam. Para o seu traballo, o tradutor seguiu a edición publicada por Galaxia da obra dentro da Biblioteca Castelao que dedicamos ao autor de Rianxo. O libro chega ás librerías de Francia coas ilustracións do propio Castelao.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!