Coa inauguración da exposición de debuxos Hojas de sombra de María Maquieira e a presentación do libro de poemas Versos del agua de Luís Maquieira comezará o VII Brumario poético, que a Fundación Cuña-Casasbellas leva a cabo na cidade de Pontevedra entre os días 4 e 30 de novembro, e que este ano xirará sobre o mito de Orfeo.
Será unha cita coa poesía, coa música e co teatro, cun completo programa de actividades deglosadas en catro bloques: a anteriormente indicada exposición, as Cancións de Orfeo, con recitais de poesía; Dous poetas en Pontevedra, en lembranza aos poetas Jorge Cuña Casasbellas e Manuel Cuña Novás; o recital poético-musical Poesía sinfronteras; e o ciclo de cine e poesía Catábasis Órfica.