Os días 26 e 27 de outubro terán lugar as V Congreso Manuel Luís Acuña, que se celebrará no concello ourensán de Pobra de Trives e ten como obxectivo honrar e lembrar a figura do escritor e mestre nado na freguesía trivesa de Sobrado.
Este congreso, que se desenvolverá baixo o lema Nos tempos en que Acuña era bacharel, está organizado polo Concello da Pobra de Trives, a Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense e Nova Escola Galega, e coordinado por Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Conferencias, mesas redondas, presentacións de libros, coloquios, relatorios... serán algunhas das actividades que se desenvolverán no devandito congreso, que ten como obxectivo situar a figura de Acuña no contexto da Galicia do primeiro terzo do século pasado. Para iso asistirán coñecedores e especialistas como Narciso de Gabriel, Aurora Marco, Xosé Manuel Cid ou Xesús Alonso Montero, entre outros.
Para os interesados en asistir o custo da matrícula é o seguinte:
- Ata o 5 de outubro. Xeral: 35 euros; Socios e estudantes: 20 euros; Demandantes de emprego: 25 euros.
- A partir do 5 de outubro. Xeral: 45 euros; Socios e estudantes: 25 euros; Demandantes de emprego: 35 euros.
Envío da documentación: Nova Escola Galega, onde se pode informar tamén de prezo especial para aloxamento e comidas. Número de conta: Nova Galicia Banco, Rúa Montero Ríos, Santiago de Compostela; 2080 0300 85 3040089500; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (Facultade de CC da Educación).
ACTUALIZACIÓN
Confírmase que a celebración do Congreso Manuel Luís Acuña se adía aos días 1 e 2 de marzo de 2013.