O Museo de Pontevedra acollerá os días 27, 28 e 29 de novembro os Primeiros Encontros coa Banda Deseñada “O Cómic no Museo”. Trátase dun ciclo de tres conferencias sobre o mundo do cómic a cargo de recoñecidos autores no campo profesional e da crítica, que ofrecerán unha visión básica do cómic como arte desde o panorama estatal e galego do noso tempo.
Estes Encontros están coordinados polo crítico Octavio Beares e participarán no mesmo Kiko da Silva, David Rubín e Pepo Pérez. As conferencias celebraranse no Salón de Actos do Sexto Edificio, a partir das 20.00 h. A entrada será libre ata completar o aforo.
Programa
27 de novembro. Kiko da Silva. A banda deseñada, a arte ignorada polo mundo da arte.
28 de novembro. David Rubín. Viñetas sen medo; ou como dedicarse ó cómic desde Galicia e non morrer no intento.
29 de novembro. Pepo Pérez. Del tebeo a la novela gráfica: dos décadas de cómic en España (1990-2012).