A Federación de Gremios de Editores de España ven de facer públicos o número de títulos publicados no 2011 no estado español.
Segundo os datos recollidos pola Axencia do ISBN o ano pasado publicáronse 103.000 títulos entre formato papel, electrónico e outros; dos cales 2.996 títulos foron publicados en Galicia, situándose deste xeito na quinta produtora estatal tras Madrid, Catalunya, Andalucía e Valencia.
En lingua galega o número de títulos publicados ascendeu a 1.855, confirmándose deste xeito como a terceira lingua en produción tras o castelán e o catalán.
En canto a tradución foron 113 obras as que se traduciron dende o galego cara outras linguas dentro do tecido editorial estatal, sendo a catorceava lingua sobre a que traducen os editores.