A escritora María Reimóndez organiza un concurso sobre a súa novela En vías de extinción, publicada nas últimas semanas por Xerais.
Poderán participar todas as persoas que teñan unha conta en Twitter propia e sexan seguidoras/es da páxina de Twitter: @ViasDeExtincion e contesten á pregunta “Que foi o que máis che gustou de En vías de extinción?” cun tweet acompañado do hashtag #paraGaia.
A autora regalará dous libros seus –O club da calceta e Usha- ao tweet gañador, que será escollido por unha persoa entre o público que asista á presentación da novela En vías de extinción en Pontevedra o 15 de novembro. A man inocente escollerá o tweet de unha caixa na que se atoparán impresos individualmente todos os tweets.
O prazo para enviar os tweets xa está aberto e as e os participantes poderán remitilos ata o día 15 de novembro.