Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Todos os contidos do universo da Xeración Nós están recollidos nun mesmo portal web por vez primeira

Rate this item
(0 votes)

O goberno de Galicia, a través do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e da directora Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presentaron este pasado mércores na Cidade da Cultura a web da Revista Nós que aglutinará nun único portal todos os contidos vencellados co grupo de intelectuais que revolucionou a Galicia do seu tempo ensanchando as nosas fronteiras culturais.

Esta nova ferramenta permite actualizar o legado da Xeración Nós para adaptalo ao século XXI e atraelo ata os nosos días e chegar así a novos públicos. “O grupo de intelectuais que formou parte da Xeración Nós foi clave no desenvolvemento cultural de Galicia. Representan as orixes do que somos hoxe en día e por iso cómpre recoñecer e actualizar o seu legado con proxectos como o que hoxe presentamos”, afirmou Román Rodríguez.

Esta nova plataforma web permitirá aos usuarios a mergullarse na historia da Revista Nós e na traxectoria deste grupo de intelectuais a través dunha liña de tempo que abrangue máis de 90 anos de historia. É, en resumo, a primeira vez que todos os contidos do universo Nós aparecen aglutinados nun mesmo portal web.

Mar Pereira, pola súa banda destacou que a aplicación de técnicas innovadoras baseadas na Intelixencia Artificial, coñecidas como grafo de coñecemento, permiten navegar polos contidos da revista e achegarnos ao seus autores modo de relato histórico enlazando os fitos históricos que marcaron a súa época. A directora da Amtega sinalou que se seguirá apostando por esta técnica a posta en marcha do proxecto Galiciana Semántica, unha canle aglutinadora do patrimonio do noso país.

Para facer realidade este proxecto, o goberno contou coa colaboración de institucións como a Deputación de Ourense, a Real Academia Galega ou algún dos herdeiros do grupo de intelectuais que conformou a Xeración Nós. Colaboradores, todos eles, determinantes para enriquecer este proxecto e dispoñer de todos os materiais que se poderán ver desde hoxe na web.

A iniciativa presentada nace coa vontade de ser un proxecto vivo que continúe medrando ao longo do tempo grazas á cooperación doutras institucións e da propia sociedade e non unicamente para recompilar e achegar á sociedade o enorme legado da Xeración Nós.

A creación desta páxina web enmárcase nos actos impulsados polo goberno galego con motivo do centenario da Xeración Nós, unha efeméride que se vén celebrando ao longo de todo o ano co obxectivo de poñer en valor a inmensa herdanza que deixaron estes referentes culturais.

Así, a programación deseñada para esta conmemoración que se alongará ata 2021 está composta por publicacións, homenaxes, recoñecementos e exposicións entre as que se atopa Galicia, de Nós a nós, a gran mostra sobre a Xeración Nós que reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas procedentes de diferentes países como España, Francia, Alemaña e Portugal e que desde a súa inauguración, o pasado mes de outubro, xa foi visitada por máis de 10.000 persoas de xeito presencial. A esta cifra súmanse os preto de 3.000 estudantes que se achegaron ao legado de Nós a través das novas tecnoloxías grazas aos percorridos virtuais para centros educativos. 


Máis información:

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!