Edicións Positivas publicará nas vindeiras datas a obra completa de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2013. Serán un total de seis volumes, máis de dúas mil páxinas e máis de trinta obras entre orixinais, adaptacións teatrais e textos non dramáticos. Unha verdadeira alfaia dun dos mestres do teatro galego e unha oportunidade única para gozar de textos como Doentes, As actas escuras ou Memoria de mortos e ausentes.
Edicións Positivas ofrece a posibilidade de subscribirse á obra completa, cun desconto máis que considerable que mercando os seis volumes individualmente.
Tes toda a información relativa aos seis volumes das obras completas e o formulario de subscrición na descarga asociada.