Taragoña (Rianxo) acollerá hoxe o primeiro torneo de slam-arousa. O slam é un tipo de torneo entre poetas que xa se fai por todo o mundo adiante. slam-arousa será o primeiro torneo slam que se celebre en Galicia, e o gañador absoluto das seis xornadas poderá competir na final estatal española.
Este primeiro torneo de slam celebrarase no curral do Marqués, en Taragoña. De aí sucederanse cada mes por vilas da ría de Arousa:Vilagarcía, Ribeira, Boiro, etc.
Qué é slam-arousa?
slam-arousa é un slam (un torneo entre poetas) que se celebrará en diferentes localidades da ría de Arousa de outubro a marzo. O público será o xurado de cada torneo. slam-arousa consta de 5 torneos-base nos que "loitarán" 6 poetas e unha final á que acoden os 5 gañadores dos torneos anteriores, máis aquel poeta non gañador que levara máxima puntuación segundo o público tribunal.
O gañador de slam.arousa terá a posibilidade de viaxar fóra de Galicia para competir co resto de slamers-locais espallados por toda a xeografía española.
Cales son as normas de recitado?
- Os participantes poden recitar calquera texto sempre que sexa seu e non dure máis de 3 minutos
- Non se pode usar música, disfraces, ou accesorios
Os interesados en participar no slam.arousa ou en recibir máis información poden enviar un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.