A Biblioteca Nodal 'Ánxel Casal' de Santiago de Compostela acaba de poñer en marcha unha aplicación virtual Roteiros literarios por Compostela, que permite percorrer a capital galega desde unha dimensión literaria.
Os textos que guían a visita virtual por algunhas das rúas, prazas e parques de COmpostela recrean un total de once espazos descritos en cinco obras vencelladas ao xénero da novela negra en galego ou á narrativa de intriga. Estas obras son Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa; Ambulancia, de Suso de Toro; Asesinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; O crime da rúa da Moeda Vella, de Román Raña; e Seis cordas e un corazón, de Roque Morteiro.
Son un total de once lugares os que o usuario pode visitar virtualmente para o que se emprega a aplicación de Google Maps, e entre os que se inclúen a rúa Nova, a do Hórreo o a da Carreira do Conde; a praza do Toural e das Praterías ou o Parque de San Domingos de Bonaval. Ao tempo que pasea virtualmente por estes espazos, o usuario tamén poderá escoitar os textos nas recoñecidas voces de Luís Iglesia, nx0woé Ramón Santiso, David Amor, Luís Castro Zahera e nx0woé Luis Vázquez Rey.