Rinoceronte, editorial canguesa especializada en envorcar ao galego o mellor da produción literaria foránea, inaugurou o pasado 10 de agosto unha libraría café.
Na cafetería, amais de gozar cun cafetiño, poderase follear e mercar a produción de Rinoceronte nestes seis anos de andaina, amais dos libros dos outros selos da editora: Morgante e Pulp Books.
A libraría café de Rinoceronte está localizada na avenida de Bueu número 15 de Cangas.