Axóuxere Editora organiza o obradoiro Divorciando a Poesía, a cargo do poeta Elías Portela.
Este obradoiro, que se impartirá na Biblioteca Municipal de Rianxo este venres 19 de outubro (de 20.00 h. a 21.30 h.) e o sábado 20 (de 12.00 h. a 13.00 h.), será de asistencia libre e gratuíta, previa inscrición enviando un correo electrónico antes do día 19 ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando nome e apelidos e co asunto "Obradoiro de Elías Portela".
Por outra banda, o poeta Cangués realizará o xoves 25 de outubro a partires das 20.30 h. un recital-performance baseado no seu último libro publicado en galego, O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido (Barbantesa 2011; tradución de Sjóarinn með morgunhestana undir kjólnum, Stella 2010).