Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Redondela celebra a IV Semana do Libro

Rate this item
(1 Vote)

A Axencia de Lectura de Chapela e mais a Biblioteca de Redondela, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, dependentes da Concellería de Cultura de Redondela, organizan a IV Semana do libro, a festa das palabras, que se desenvolverá do 17 ao 29 de abril de 2012.

A conmemoración do día do libro, o vindeiro 23 de abril, serve, un ano máis, como pretexto para facer unha campaña de animación á lectura e, ao mesmo tempo, de divulgación da realidade multilingüe do noso contorno máis próximo.

Esta exposición multilingüe pódese facer grazas á colaboración das diferentes institucións que achegaron libros en portugués (Instituto Camões de Vigo); éuscaro (Liburutegi Zerbitzua – Servizo de Bibliotecas; Euskara Sustatzeko Zuzendaritza – Dirección de Promoción do Éuscaro do Goberno Vasco); catalán e aranés (Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya); asturiano (Academia de la Llingua Asturiana); aragonés (Academia de L'Aragonés), e galego e castelán, dos propios fondos das bibliotecas redondelás.

Con esta mostra multilingüe xúntanse o obxectivo inicial de celebrar o día do libro e procurar unha animación efectiva á lectura expoñendo os libros en lugares pouco habituais, co obxectivo transversal e multidisciplinario de divulgar a diversidade cultural e lingüística dos territorios máis próximos a nós. Dende o coñecemento doutras realidades lingüísticas os asistentes poderán aprender a valorar a riqueza cultural e lingüística doutros pobos e a considerar mellor a nosa propia.

A programación deste ano inclúe a exposición multilingüe de libros no Multiusos do Piñeiral do Crego, en Chapela, do 17 ao 20 de abril; e no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, do 23 ao 29 de abril. Pero ademais conta con tres presentacións de libros que se desenvolverán os días 19, 25 e 27 de abril.

A primeira delas será no Auditorio da Xunqueira o xoves, 19 de abril, ás 12.00 h., á que asistirá convidado alumnado de primaria redondelá e as persoas que o desexen. Neste acto presentarase o libro A noite do Apalpador, e contará coa presenza dos seus autores: Xurxo Valcárcel e Pepe Carreiro.

Esta é unha edición limitada e exclusiva para o Concello de Redondela, que parte dunha iniciativa da Concellería de Cultura a partir dun texto poético do escritor chapelán Xurxo Valcárcel Gil, para dar a coñecer esta importante figura da nosa cultura mítica e poñer en valor as nosas tradicións e identidade. O texto, que xa hai tempo que percorre Galicia con grande éxito en diferentes medios, foi musicado tamén por Xurxo Souto e divulgado na Radio Galega. Para lle dar forma a este noso Apalpador, incluíronse as ilustracións de Pepe Carreiro que lle imprimiu o seu particular selo. O libro está editado en papel reciclado e conta cun texto inzado de vocabulario das especies vexetais e arbóreas autóctonas, que axudará a achegar aos máis pequenos o valor do noso patrimonio natural e cultural.

O 25 de abril presentarase o libro Guía didáctica dos instrumentos tradicionais galegos, publicado por Ouvirmos e autoría a cargo de Moisés Quintas, fundador da banda folk Trasmundi e profesor de Educación Musical do CEIP Xosé Fernández López de O Porriño.

O 27 de abril, a partires das 12.00 h., a poeta Yolanda Castaño presentará o libro Babelia en galego, unha publicación impulsada pola Deputación de Pontevedra que recolle a obra de 6 poetas da literatura contemporánea universal traducidos á nosa lingua por Yolanda Castaño.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!