RedeLibros celebra o seu segundo aniversario e queren celebralo cunha grande festa o vindeiro venres 9 de novembro a partires das 20.30 h.
A libraría Cartabón de Vigo será o escenario da primeira parte da festa. Os e as interesadas en asistir, para non ateigar o local, terán que remitir unha mensaxe de correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto "Festa aniversario". No transcurso da festa de aniversario presentarase a colección de Autores Independentes, coa presenza dos autores. Tamén haberá troco de libros, actuacións musicais e a entrega dos Premios aos Mellores Redelibreiros do 2012.
A segunda parte da festa será nun local preto da libraría, con festa rachada.