Vela ahí ven, vela ahí ven avantando
Cómaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saudáina, rapaces e vellos!
(Na chegada a Ourense da primeira locomotora. Curros Enríquez)
Ante a remodelación e posta en funcionamento dunha nova estación no barrio ourensán da Ponte, capaz de acoller e servir ao novo ferrocarril de alta velocidade, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), por consideralo de xustiza, reivindica que esta leve o nome de Curros Enríquez e que na mesma figuren as estrofas daquel poema co que o escritor saudaba a chegada da modernidade.
A AELG acordou realizar unha recollida de sinaturas para reivindicar o nome de Curros Enríquez para a futura estación de ferrocarril de Ourense.
Todos os interesados en adherirse a esta reivindicación poden enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando os seguintes datos:
Nome e apelidos.
Ocupación (opcional).
Número de Documento de Identidade (non se fará público)