Trece obras aspiraban ao primeiro Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, que finalmente recaeu por decisión unánime do xurado no traballo titulado Alturas do monte Pindo, cuxo autoría corresponde a Rafael Lema. De ser, de Anxo Mena, e Expansión, de Suso Bahamonde, foron os outros dous traballos finalistas. O xurado estivo composto polo crítico literario, nx0woé Antonio Ponte Far, o poeta Xulio López Valcárcel, a escritora, María López Sande, e maila profesora María Rey.
O poeta camariñán Rafael Lema realizou unha louvanza da figura de Ardeiro, amigo persoal seu, de aí, que mesmo recoñecese o especial significado que ten o premio para el. No acto de lembranza a Ardeiro interviñeron o concelleiro de Cultura, Luís Calviño Pueyo, o primeiro tenente de alcalde, Juan Rey Maceira, ademais de Alexis López, fillo do finado poeta barcalés, toda unha referencia no eido da poesía en Galicia.