A plataforma cidadá ProLingua organiza o vindeiro 30 de xuño unha Homenaxe Nacional ao escritor Agustín Fernández Paz.
O acto, que será conducido por Rosa Aneiros, terá lugar ás 12.30 h. na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (R/ Policarpo Sanz, 26) de Vigo. De seguido haberá un xantar programado para as 15.00 h. no Restaurante Carrís ( Avda. Beiramar, 57) de Vigo.
Dende a organización solicitan a todos os interesados en asistir á homenaxe, tanto ao acto mesmo como ao xantar posterior, a confirmación de dita asistencia. No caso do xantar infórmase que o número de prazas é de 250 que se reservarán por rigorosa orde de recepción, e o prezo pactado para cada comensal de 40 euros. Para calquera dos casos as reservas faranse neste enderezo de correo-e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O importe do xantar deberá abonarse a través dun ingreso na conta de Novagalicia Banco indicada nesta ligazón, como o resto de datos a cubrir.