Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Preto de 9.000 documentos dixitalizados do legado de Díaz Pardo na Biblioteca de Galicia

Rate this item
(0 votes)

A consellería de Cultura e o director de Telefónica en Galicia asinaron un convenio de colaboración para a dixitalización de 8.600 documentos do fondo que Isaac Díaz Pardo depositou na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.

O obxecto deste convenio é a dixitalización de diferentes obras do fondo depositado por Isaac Díaz Pardo no Gaiás para a súa preservación, posta en valor e difusión. Neste fondo atópanse as obras das coleccións Camilo Díaz Baliño (escritor, artista gráfico e intelectual galego) e Manuel Chamoso Lamas, insigne arqueólogo e escritor tamén de orixe galega. Deste xeito, levarase a cabo o tratamento de 8.600 imaxes das citadas coleccións, que serán obxecto de dixitalización, de acordo cos termos recollidos convenio. Entre os documentos que se dixitalizarán, hai numerosa correspondencia privada, telegramas, fotografías, escenografías, debuxos, pergamiños, deseños de carrozas, carteis, pinturas e mesmo textos adicados. Atópanse tamén moitos documentos da Guerra Civil, como folletos ou discursos.

O material reunido de Camilo Díaz Baliño polo seu fillo, Isaac Díaz Pardo é dunha riqueza documental valiosísima, conta con 200 fotografías, unha pequena biblioteca persoal, 100 cartas, debuxos e relatos orixinais, 10 albumes elaborados por Camilo Díaz que recollen toda a súa actividade profesional en América como escenógrafo e documentos persoais.

Dos máis de 8.000 documentos que se van a dixitalizar, o máis salientable son os debuxos, como a colección de debuxos feitos por Camilo Díaz na cadea, onde hai retratos feitos aos seus compañeiros de prisión e mesmo un debuxo premonitorio do seu futuro pasamento. Tamén figuran debuxos do proxecto de decoración para o teatro Cervantes de Vilagarcía, un proxecto dun tapiz pintado para unha Cámara de Comercio ou debuxos das carrozas para festas.

Doutra banda, respecto ao fondo hai correspondencia orixinal - cartas, cablegramas, telegramas - dirixida a Camilo Díaz de persoeiros como Castelao, Manuel Abelenda, Ramón Beade, Leandro e Eugenio Carré, Santiago Casares, Carlos Maside, Antonio Palacios, Vicente Risco, Bouza Brey, Francisco Asorey, Paz Andrade, Vicente Risco, entre outros; das Irmandades da Fala, do Centro Galego de Bos Aires así como outras entidades, relacionada tanto con asuntos persoais coma laborais. Tamén atópanse cartas escritas por Camilo Díaz Baliño a Ricardo Camino, Francisco Lloréns, Crestar, López Campos, Antonio Palacios, Amalio Taboada entre outros.

Tamén aparecen fotografías familiares e de amizades; carteis; diversa documentación relacionada coa escenografía como imaxes, folletos, fotografías de escenas e de representacións; escritos de colaboracións en prensa; os albumes que o propio Camilo compoñía a través de referencias nos xornais como o "Álbum da coral Ruada" e o "Álbum Ultreya" entre outros. Asemade, tamén hai documentación de interese artístico como os libros coa capa debuxada por Camilo Díaz de diversas novelas, guías ou outras obras.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!