A literatura estivo moi presente o pasado sábado na gala que se celebrou no PALEXCO da Coruña no transcurso da entrega dos premios Mestre Mateo, entregados pola Academia Galega do Audiovisual e que recoñecen o talento dos e das profesionais do sector en Galicia.
Deste xeito, unha das grandes premiadas da noite foi Doentes, unha historia baseada na obra dramática orixinal de Roberto Vidal Bolaño que conta a historia da transformación, nos anos 50, do Hostal dos Reis Católicos, que pasou de se converter nun hospital de doentes, peregrinos e pobres a un hotel de luxo.
Outra das grandes triunfadoras da noite foi Engurras, filme baseado no cómic homónimo de Paco Roca e obra gañadora do Premio Nacional de Cómic do ano 2007.
Outros premiados foron o informativo cultural Zigzag Diario da TVG, que recibiu o premio á mellor programa de televisión; Susana Dans recibiu o premio á mellor interpretación feminina representando á escritora Pardo Bazán en Emilia Pardo Bazán, A condesa descalza. Pablo Ces levou o premio ao mellor Documental por As silenciadas, baseado no traballo de investigación publicado por Laiovento Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco.