A editorial compostelá edicións Positivas organiza o seu premio bianual de narrativa erótica 'Narrativas Quentes', que neste 2012 chega a súa sexta edición.
O prazo para enviar orixinais a este certame, que achega aos lectores a nosa literatura máis sensual e estimulante, remata o vindeiro 30 de marzo. O premio consistirá na publicación da obra premiada.
O Narrativas Quentes conta cunha magnífica nómina de gañadores formado por Manuel Lourenzo González, quen acadou a primeira edición por Infidelicidades; Alberte Momán no 2004 por O Lobo da xente; a coruñesa Chelo Suárez Muíños foi a gañadora no 2008 por Os Milagres de Cristamar; e Eva Moreda gañou con Organoloxía a última edición convocada, no ano 2010. A terceira edición, correspondente ao 2006 o premio quedou deserto.