Ponte na Fala é un proxecto para a recolleita, conservación e difusión da literatura oral popular de Ponteceso. Está coordinado polo concello de Ponteceso e conta actualmente con arredor de 300 pezas como contos, arrolos, romances, etc...
Para a recompilación de todo ete material abríuse un blog como ferramenta de difusión do proxecto e dende onde se da conta da evolución do traballo e para entregar ao público as pezas que se recollan. Un traballo completo de catalogación non está contemplado nesta primeira fase do proxecto, polo que as gravacións colgadas distribuiranse nunha primeira división en narrativas, poéticas e paremiolóxicas. Ademais tampouco figurarán publicamente o datos das persoas informantes, malia a que loxicamente estes datos si se recollan e figuren na base do proxecto.
O proxecto inclúe un mapa xeorreferenciado con todo o material recolleitado.