Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Pernas Cora e Raúl Dans, gañadores dos premios de textos teatrais da Agadic

Rate this item
(0 votes)

Gustavo Pernas Cora, coa obra Isobaras, é o gañador do XXI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais que organiza a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). A concesión do galardón foi comunicada hoxe canda a do X Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de rapaces, que recaeu en Raúl Dans por Un mosquito de nome Henri.

Os nomes de ambos gañadores foron desvelados polo profesor Manuel F. Vieites, presidente do xurado da edición 2012 dos catro premios literarios convocados, quen fixo público o ditame do tribunal no que se recolle igualmente a decisión de declarar desertos tanto o VII Manuel María de Literatura Dramática Infantil como a modalidade de textos para adultos do Barriga Verde.


Isobaras

Respecto a Isobaras, que segundo o propio Pernas pretende ser “un mapa do noso tempo” no que os seus oito personaxes reflicten unha sociedade que está ao límite, o xurado valorou “o interese da súa aposta formal, que foxe de convencionalismos para explorar outras posibilidades de expresión artística a través de monólogos que acaban confluíndo en diálogos e de conflitos individuais que acaban sendo colectivos”, como é o caso da exclusión social, a crise económica, a ameaza da guerra, a soidade, o fracaso, a falta de comunicación e a falta de identificación nos demais.

O tribunal subliña a actualidade do texto que, porén, propón unha visión sen restricións espaciais ou temporais, así como unha posta en escena sobria e evocadora. Destaca, asemade, “o coidado estilístico e un certo lirismo que lles aporta matices e profundidade aos personaxes e ás anotacións, sen renunciar por iso á crueza descarnada da exposición desas individualidades cara ao público nin moito menos ao ritmo e ao sentido do humor, pezas chave para que se establezan pontes co espectador”.

Vinculado profesionalmente ao teatro desde 1985, Gustavo Pernas é tamén profesor de Guión e Teatro na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Como autor dramático ten no seu haber o Premio Compostela por O galego, a mulata e o negro (1990), o María Casares de Teatro por Ladraremos (1996), o Rafael Dieste por Footing (2001) e Final de película (2006); o Max de las Artes Escénicas por Paso de cebra (2004) e Final de película; e o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega por Medidas preventivas (2007). Ademais, en 2008 foi recoñecido co Premio Roberto Vidal Bolaño pola súa traxectoria artística xunto a Anxela G. Abalo e Ancora Produccións. Este ano 2012 estreou coa súa compañía a peza Snakizados, última proposta da triloxía 3 logomonos, da que tamén forman parte Colgados (2009) e Pisados (2010).

Con este XXI Álvaro Cunqueiro, ao que optaban un total de 26 orixinais, Pernas Cora incorpórase á ampla nómina de autores que conseguiron este recoñecemento, dotándoo ao tempo dunha traxectoria de prestixio como o máis lonxevo de todos os convocados no seu ámbito en Galicia e referencial para a dramaturxia en galego: Marcos Abalde (2011), Manuel Lourenzo (2009), Teresa González Costa (2008), Roberto Salgueiro (2007, 2002, 2000 e 1998), Manuel Guede (2006), Rubén Ruibal (2005), Antón Lopo (2004), Siro López (2003), Afonso Becerra de Becerreá (2001), Manoel Riveiro (1993), Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido (1992), Roberto Vidal Bolaño (1991), Agustín Magán (1990), Euloxio R. Ruibal (1989) e o propio Raúl Dans (2010 e 1994).


Un mosquitro de nome Henri

Raúl Dans alzouse co Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, na categoría dirixida ao público infantil, con Un mosquito de nome Henri, unha historia de superación e de aprendizaxe protagonizada por un personaxe visionario e inconformista que soña con ser aviador pese ás dificultades coas que se topa.

Dela valora o xurado o seu ritmo áxil e a claridade da estrutura, así como a abundante comicidade nos textos e súa profundidade conceptual. O ditame refírese tamén aos numerosos e variados personaxes, coas súas singulares características, que conforman “un conxunto harmónico no cal se adoptan comportamentos e emocións propias dos seres humanos, de xeito que mosquitos, avespas, formigas e outros insectos se teñen que enfrontar a alegrías, frustracións, medos, ilusións e desenganos”.

No texto, que supón a primeira incursión de Dans na literatura dramática infantil, pódese entrever tamén unha crítica á sociedade de hoxe en día, ao tempo que se aprecia unha valoración positiva da vontade, a perseveranza e a realización persoal como obxectivo principal.

Dramaturgo, guionista audiovisual e actor de dobraxe, Raúl Dans comezou a súa traxectoria teatral como actor na histórica Compañía Luís Seoane. É tamén un dos integrantes do colectivo de intérpretes que iniciou a dobraxe en galego, oficio ao que se dedica sen interrupción desde 1985. Paralelamente, desenvolve unha sólida traxectoria como dialoguista, argumentista e creador de series de ficción para a televisión, así como guionista de cinema.

Este ano recibiu o premio da Asociación de Escritores de Lingua Galega ao mellor texto teatral editado en 2011 por Chegamos despois a unha terra gris, obra pola que en 2010 foi recoñecido por segunda vez co Álvaro Cunqueiro. A primeira fora en 1994 con Lugar, que o CDG levou a escena en 1999. Tamén obtivo o Rafael Dieste para Textos Teatrais por Matalobos (1993) e en 1997 gañou o prestixioso Premi Born con Derrota.

En 2008, Espiral Maior editou todo o teatro breve do autor nun volume titulado Nun mundo hostil, coincidindo coa publicación de Nachtmahr dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, que coeditan a Agadic e Edicións Xerais e na que figuran, así mesmo, Derrota e Chegamos despois a unha terra gris.

O xurado destes premios estivo formado por Manuel F. Vieites, Paula Carballeira, Lola Correa, Celtia Figueiras, Xúlio Lago e Xesús Pisón.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!