Ven de se presentar Galegobook, un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...).
Para facilitar a procura de material, no Galegobook o visitante poderá achar un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia que trata. Ademais, ao final de cada entrada, as persoas usuarias poderán engadir os seus comentarios para o compartiren co resto de lectores.
Dende Galegobook informan que tentarase publicar os artigos máis salientábeis que, sobre o galego, aparezan na prensa tradicional e nos novos medios.