Onte principiou na Praza dos Barcos, a Feira do Libro de Sanxenxo, que se desenvolverá ata o domingo 15 de xullo. A Feira do Libro está organizada pola Federación de Librarías de Galicia e conta coa colaboración do goberno de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o concello de Sanxenxo.
A inauguración estivo a cargo do filósofo Marcelino Agís Villaverde, que deu paso a un completo programa de actividades, que levarán ata Sanxenxo os seis días da Feira, o gusto pola boa literatura e os bos libros.
Xavier Senín, Manuel Miragaia, Ánxela Gracián, Siro López, Iago López ou miguel García Seoane serán algunhas das autoras e autores que levarán as súas novidades a Sanxenxo.
O horario da Feira é de 12.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 23.00 h. (as fins de semana o peche da mañá será ás 14.30 h.) e participan as librarías Copi-Rey, Recondo, Pedreira, Paz e Lafer.
Como acontece sempre nestas Feiras, todos os libros terán un 10% de desconto.