Soria acolleu o pasado venres o ditame do xurado dos Premios Nacionais da Crítica Española, concedidos anualmente pola Asociación Nacional da Crítica Literaria e que son os únicos que premian as obras editadas nas catro linguas cooficiais do estado (galego, catalán, éuscaro e castelán) durante o ano anterior.
En representación da Sección da Crítica da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, estivo Laura Caaveiro, quen anunciou os galardoados de 2011 en lingua galega.
En Poesía premiouse o traballo de Olga Novo Cráter, publicado en Toxosoutos. Pola súa banda, no apartado de narrativa o premio foi para Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello e editado en Galaxia.
Estes premios non teñen dotación económica pero é moi destacable a repercusión dos mesmos.
Noutras linguas os premiados foron, en catalán:
Narrativa: Jo confesso (Proa) de Jaume Cabré; e en Poesía: Pagèsiques (Edicions 62)., de Perejaume.
En éuscaro:
Narrativa: Twist (SUSA) de Harkaitz Cano; e en Poesía: Hariaz beste (Erein) de Aritz Gorrotxategi.
En castelán:
Narrativa: El día de mañana (Seix Barral) de Ignacio Martínez de Pisón; e en Poesía: Estuario (Pre-Textos) de Tomás Segovia.