Co título Historias da cidade-barco. A Coruña, capital do mar, a Escola de Escritores da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega pon en marcha o seu sexto obradoiro. Co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e a colaboración do Club do Mar de Santo Amaro, o escritor Xurxo Souto desenvolverá a partir do venres 9 de novembro, en 8 sesións, un obradoiro aberto á maiores de 16 anos.
Con esta iniciativa, a AELG desenvolve un dos seus obxectivos: dar a coñecer o sistema literario como elemento configurador en sentido amplo do concepto de cidadanía e de pertenza a un sistema cultural.
As sesións terán lugar no Salón de Actos do Club de Mar San Amaro da Coruña. As prazas están limitadas a 20 e a inscrición, de balde, pode realizarse a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981.133.233.
Programa
- Todos os grandes ciclos míticos do mar recalaron na Coruña.
- Don Emilio González López e a ruta do “curricán”. A historia da cidade contada polos camiños do mar.
- Do antigo gremio de mareantes.
- Toponimia e talasonimia do mar da Coruña.
- Os homes mariños do Orzán e o Tritón de Lisboa.
- A outra banda do Muro: Terranova e Gran Sol.
- A Coruña-La Habana. A cultura galego renace polos camiños do mar.