Hoxe ás 18.30 h., na Biblioteca Central de Rialeda, no concello de Oleiros, comezará un Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane.
Este obradoiro está dirixido a mozas e mozos maiores de 15 anos e público adulto en xeral. As sesións realizaranse todos os martes ata completar un total de dez. Debido a que son prazas limitadas é imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Esta é unha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega e con ela preténdese animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.
Esta actividade ten prezo público para as persoas non empadroadas en Oleiros.