Ao abeiro da declaración do primeiro BIC Inmaterial para a figura do artista, escritor e político Daniel Rodríguez Castelao e un ano despois do sesenta cabodano da súa morte, o Museo Provincial de Lugo organiza mañá, a partir das 18.00 h., unha xornada dedicada á figura de Castelao, ao tempo que presenta a nova montaxe da sala monográfica coa obra do ilustre rianxeiro neste museo. Entre as diferentes actividades a desenvolver está a presentación da nova montaxe da sala monográfica adicada a Castelao despois da restauración e reenmarcado da súa colección.
Esta xornada está destinada ao público en xeral, ata completar aforo, e a entrada é de balde sen inscrición previa.
Os asitentes poderán contemplar a posta en valor do patrimonio como signo identitario, ter unha visión transversal da obra de Castelao a través da colección do Museo e unha contemplación e interpretación razoada da colección de Castelao. Todo dende o debate, o diálogo e a participación pública.