Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O legado de Chankecham no Arquivo de Galicia

Rate this item
(1 Vote)

 

O Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura acolle a exposición Do it yourself! Os incunables contemporáneos dun impresor particular, unha viaxe de séculos desde a invención da imprenta por Gütenberg ata a edición dixital a través dunha historia única e persoal, a do galego Francisco Barros Cascallar, máis coñecido como Chankecham, zapateiro de profesión e escritor de vocación que a partir dunha antiga prensa para a elaboración do viño publicou a súa obra.

Así, desde onte ata o 10 de xuño, o Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura custodia este legado, seguindo os pasos doutros centros de recoñecido prestixio internacional como a Biblioteca Vaticana ou as nacionais de España, Francia e Portugal ás que Chankecham enviou exemplares da súa obra, consciente das pezas únicas que supoñen.

A mostra componse de nove libros cuase-incunables, o tórculo, a imprenta, os tipos e o instrumental, as pranchas de gravado e outros elementos xunto con documentación sobre o seu prodixioso e secreto labor creativo. A exposición -que se abre cunha enorme pintura mural feita polo artista Kukas e que reproduce unha das estampas de Chankecham: a conversa do Home da Barba Florida coas estrelas da noite- inclúe ademais unha mostra dos catro libros dixitais editados por Chankecham e un documentario sobre a súa obra e persoa realizado por Simón Vázquez.

De forma paralela á mostra, nos primeiros días de maio terá lugar un obradoiro de autoedición dirixido polo artista Federico Guzmán e titulado "Candura & Coraxe", co que se porá en funcionamento, por derradeira ocasión, a imprenta inventada por este fabuloso e escondido artista impresor.

Francisco Barros Cascallar, Chankecham (Pontecesures, 1931) é un poeta, escritor e artista que con tesón e grande ambición levou adiante a "reinvención" da imprenta de Gutenberg e logrou editar a súa propia obra ante a indiferenza das editoriais. De formación autodidacta, en Madrid mercou os seus primeiros libros que viaxaron sempre con el nunha maleta, primeiro a Brasil en 1956 e logo no retorno a Galicia en 1968. Desta forma, a súa maleta de libros converteuse nunha "universidade portátil, ao gusto persoal".

A súa obra literaria iniciouse con tres libriños de poemas financiados do seu peto, mais, insatisfeito co resultado, resolveu emprender da súa man a titánica tarefa de completar todas as fases de elaboración dun libro, dende a composición da páxina ao encadernado, comezando pola construción manual dunha imprenta e outros útiles e acabando coa creación de fabulosas imaxes 'brut' para enfeitar as páxinas. Este empeño levouno a estampar curtas tiraxes dun total de nove libros, facendo deles uns asombrosos incunables contemporáneos: No Jardim das Pedras, O Livro dos samarúas, O Laio de Tantotem, Galitopía, Cantigas de Escarnho, O Fantasminha Camarada, Requiem por un Sonho nom Nato, O Livro do Desespero e Viage ao Fim dos Tempos.

Do it yoursef! Incunables contemporáneos dun impresor particular forma parte dun ciclo de exposicións que acolle o Arquivo de Galicia e que xira ao redor dun denominador común: o libro. Libros para ver é o título común a estas tres mostras que inclúe a exposición de Caxigueiro e Baldo Ramos, Os ollos das palabras, coa que se inaugurou este ciclo o venres 9 de marzo, e Orixes do cómic en Galicia, que tamén pode visitarse desde o 16 deste mes.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!