O IES do Porto do Son, dentro das actividades de promoción da lectura no Mes do Libro, inaugurará o vindeiro luns 16 de abril a exposición A historia do cómic galego e universal, que se poderá visitar na Casa da Cultura do Concello de Porto do Son ata o 30 de maio.
Nesta exposición mostraranse os traballos realizados polo alumnado do Centro de 3º de ESO de Lingua Galega e Educación Plástica e Visual durante o curso 2009-2010 -que actualmente cursa 1º de bacharelato-, así como unha exposición sobre a Banda Deseñada Galega cedida por El Patito Editorial. Naquel momento, conscientes do descoñecemento deste xénero e das súas posibilidades pedagóxicas, o equipo do IES do Porto do Son decidiron afondar neste eido para o cal realizou unha importante adquisición de fondos, que os interesados na visita poderán coñecer.
A iniciativa pretende manifestar a necesitade de entender a educación como un proceso global que atinxe non só toda a comunidade educativa -profesorado, alumnado, pais e nais- senón tamén á sociedade en xeral.