O IES A Carballeira, en Ourense, levará tamén o nome de Marcos Valcarcel. Deste xeito a consellería de Cultura réndelle homenaxe ao historiador ourensán que impartiu aulas no citado centro educativo durante 25 anos.
O profesor, historiador e escritor Marcos Valcárcel deixounos o pasado mes de decembro de 2010 aos 52 anos. No seu labor profesional dedicouse fundamentalmente a explorar o pasado do xornalismo en Ourense e nas biografías de escritores da cidade e da xeración Nós. Diariamente peneiraba a actualidade no seu blog As uvas na solains.
No acto, o conselleiro de Cultura e Educación recordou que o homenaxeado asistiu a inauguración da biblioteca do IES. Un acto que Valcarcel reflectiu no seu blog a través da entrada “A carballeira e os irmáns Marx” na que escribiu que escribiu “nos últimos anos recibín varias homenaxes como a medalla Castelao ou o premio Otero Pedrayo. Para min este recoñecemento de hoxe, que une o meu nome ós libros, éncheme do mesmo orgullo e gratitude”.